Impartido por: NACU
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 120 €
Datas: 11 e 12 de mazo de 2017
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Veremos os estilos mais importantes, as plumillas que se usan para cada un, e probaremos sobre plantillas os seus abecedarios. Tamén falaremos e probaremos diferentes tintas e papéis para que aprendades a escollelos.
PROGRAMA
Comezaremos falando brevemente da historia das letras, despois veremos distintos estilos de caligrafía e as plumillas que se utilizan para cada un deles.
Probaremos algúns destos estilos sobre plantillas coas plumillas correspondentes a cada un, primeiro os trazos básicos e logo o alfabeto de cada estilo.
Probaremos tamén diferentes papéis, tintas e acuarelas para que podades apreciar as diferencias, e así poder escoller os materiais óptimos para o estilo de caligrafía que vaiades practicar.
Explicaremos dende cómo sentarse para unha óptima escritura coa plumilla, ate cómo limpar e coidar das plumillas, das tintas e do papel.
Falaremos de de webs (onde poderedes encontrar material, tanto didáctico coma para a escritura) e de persoas que paga a pena seguir de preto.
Para rematar faremos un proxecto que levaredes para á casa como recordo deste dia
DOCENTE: nacu
Diseñadora gráfica e retoque fotográfico. Calígrafa en Galigrafía (adicado á caligrafía para eventos, cursos e talleres)
DESTINATARIOS
Calquera con inquietude sobre a caligrafía, que lle guste a plumilla e quera empezar
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
para cada alumno:
Plumillas (2 planas e 2 de punta fina)
portaplumas de madeira
tinta e bote para a tinta
apuntes de teoría
plantillas de exercicios
Para a obradoiro:
Variedade de tintas, acuarelas e papeis con diferentes texturas, gramaxes e acabados.
NECESIDADES DO ALUMNO
Non hay que levar nada, pero se tedes material de caligrafía o podedes traer.