Impartido por: Sabela Pillado
Nivel: Iniciación
Duración: 12h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h (Sábado) e de 10h a 14h (Domingo)
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 20 E 21 DE MAIO de 2017
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 15 DE MAIO de 2017
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Este curso fará unha aproximación á ferramenta esencial para un Axudante de Dirección en Cine e Televisión: o Movie Magic Scheduling. Con este programa poderemos desglosar guións, facer un plan de rodaxe completo, e organizar cada unha das xornadas da rodaxe.
O curso inclúe unha aproximación inicial ao programa para un manexo básico, así como a profundización nos aspectos que resultan máis útiles á hora de afrontar o traballo.
PROGRAMA
INTRODUCCIÓN: Crear arquivos. Identificación dos compoñentes do MMS
BLOQUE 1: O desglose de secuencias: personalizar categorías, engadir e xestionar información
BLOQUE 2: O taboleiro en tiras: plans de rodaxe
BLOQUE 3: PRÁCTICAS DO ALUMNADO; desglose e creación dun plan de rodaxe
ANEXO: Aplicación da información do MMS para a realización de Ordes de Traballo
DOCENTE
Licenciada en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual e cun Master en Historia e Estética da Cinematografía, Sabela Pillado traballa habitualmente como Axudante de Dirección en producións televisivas e cinematográficas, fundamentalmente no ámbito galego.
LinkedIn: Sabela Pillado Villaronga
DESTINATARIOS
Persoas con estudos audiovisuais que queiran orientarse ao campo do Equipo de Dirección, profesionais do gremio que queiran profundizar sobre este aspecto. Alumnos e Docentes de carreiras audiovisuais.
NECESIDADES
Os alumnos deberán levar ordenador portátil propio co software instalado. Hai unha versión de proba gratuíta (por período dun mes), dispoñible na páxina oficial de Entertainment Partners, tanto para Mac como para PC.
https://www.ep.com/home/managing-production/movie-magic-scheduling/