Impartido por: Pablo García Ferradás.
Nivel: Iniciación
Duración: 12h.
Horario: sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h.
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 3 e 4 de xuño de 2017
DESCRICIÓN
É evidente que para o bo exercicio do canto, sexa cal sexa o estilo, necesitamos desenvolver e aplicar unha técnica vocal que potencie ao máximo as nosas cualidades vocais e que nos axude a abordar con solvencia pezas musicais de diferente esixencia vocal. Por outra banda, a mellor prevención dos trastornos da voz é unha boa técnica. Un aspirante a cantante, debe adquirir unha conducta preventiva, diaria e permanente para preservar a saúde do aparato vocal.
PROGRAMA (curso práctico)
Anatomía da fonación:
– O aparato respiratorio.
– O órgano vocal vibrante.
– O sistema de resonancia.
– Sistema articulatorio.
O estilo e a técnica:
– Os xéneros musicais e a versatilidade vocal.
– Canto lírico vs. canto moderno.
– Técnica vocal clásica e novos enfoques.
– Aspectos comúns da técnica vocal e aspectos específicos para cada estilo.
Traballo corporal:
– Relaxación.
– Reorganización e control postural.
– A respiración.
– O apoio.
Traballo vocal:
– A resonancia vocal.
– A impostación e a proxección da voz.
– A coordinación fonorrespiratoria.
– O timbre vocal.
– O falsete.
– A tesitura.
– O rexistro vocal e a pasaxe.
– Dicción e articulación.
– Inicio vocal.
Traballo práctico: sobre cancións individualmente e en grupo, polifonía, improvisación, xogos vocais, etc.
Coidados da voz: pautas de hixiene vocal.
DOCENTE: Pablo García Ferradás.
Diplomado en Educación Musical (Universidade de Vigo), conta con tres posgraos, de “Especialista en patoloxía da voz”, de “Experto en intervención logopédica” e de “Rehabilitación y perfeccionamento da voz profesional falada e cantada” (Universidade de Alcalá de Henares). Comeza a interesarse polo canto dende moi novo, participando en diferentes agrupacións corais, o que o levará máis tarde a estudar canto lírico con distintos mestres de talla nacional e internacional. Interesado polo fenómeno vocal en tódalas súas manifestacións e a súa investigación, posúe ampla formación en foniatría, logopedia, técnica vocal (fala e canto), etc., de feito conta co “Voice Craft”-Certificado de Still Voice Systems, innovador método de técnica vocal integral.
En canto a súa labor profesional lévaa a cabo tanto en Galicia como en distintos puntos da xeografía española, desenvolvendo competencias como profesor de técnica vocal e canto, formador en foniatría, terapeuta vocal e “vocal coach”. Colabora habitualmente coa FECOGA (Federación Coral Galega), co CFR (Xunta de Galicia) y o CIG-Ensino, impartindo cursos de educación vocal para docentes, con Hedima, o Instituto Avanza e P&A (consultoras de formación, Madrid), como formador en foniatría a nivel nacional, coa Universidade de Vigo e Santiago de Compostela impartindo diferentes cursos de Ortofonía e técnica vocal. Tamén se adica a formar vocalmente a profesionais da interpretación, colaborando con diferentes agrupacións teatrais (NNC Teatro, aula de teatro da USC, Talia Teatro, etc.) e como profesor de voz en cursos de dobraxe para PC Carrier (A Coruña). Como profesor de canto desenvolve a súa labor docente na escola de música “A Tempo” (Pontevedra) e na escola “Estudio”(Santiago de Compostela).
DESTINATARIOS
Dirixido a cantantes de diferentes estilos e a todas a persoas interesadas en iniciarse no eido da técnica vocal e o canto
NECESIDADES
Para a realización deste curso vou a utilizar un ordenador, esteiras, teclado musical, gomas elásticas, etc. todo material aportado por min mesmo.
Os alumnos deberán acudir preferiblemente con roupa cómoda.