Impartido por: ROBERTO C. GODAY
Nivel: Iniciación
Duración: 24 horas – 3 horas/semana (2 MESES)
Horario: 17,15h a 20,15h OS XOVES
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 90 €/mes (180€ TOTAL)
DATAS: do 1 de XUÑO ao 20 de XULLO do 2017


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

Descrición:

Con este curso preténdese achegar o mundo da animación e creación de gráficos animados a todos os asistentes. Intentarase mostrar diferentes usos a traves de diversos proxectos.

Programa:

  • Entorno de traballo (Ventá de proxectos, visores, liña de tempo, paletas desplegables)
  • Tipos de Capas (Sólidos, textos, capas de axuste)
  • Traballo con capas (Edición, transformacións,animación básica, 2D Vs 3D)
  • Animación de textos.
  • Máscaras
  • Integración con premiere pro e photoshop.
  • Composición básica de imaxes (mattes e keying)
  • Tracking

A orde dos contidos non é necesariamente esta, xa que se vai traballar en base a proxectos onde se irán vendo as diferentes ferramentas e técnicas.

Docente:

Roberto C. Goday

De caracter inquedo e polifacético. Adícome desde hai máis dunha década á postprodución, 3D, composición musical e deseño de son. «Valgo tanto para un roto como para un descosido».

www.linkedin.com/in/robertocgoday

Destinatarios:

Calquera persoa interesada en animación, motion graphics, composición de imaxes en movemento, creación de títulos de crédito ou similares.

Necesidades:

O ideal é ter un portatil máis ou menos moderno con after effects e algún programa de manipulación de imaxes compatible co formato .psd. Se se ten a suite de adobe mellor porque se falará algo sobre a integración de After Effects con Premiere Pro e Photoshop.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!