Impartido por: RAQUEL ENRIQUEZ CASTRO
Nivel: Iniciación
Duración: 24 horas – 3 horas/semana (2 MESES)
Horario: 16h a 19h OS MARTES
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €/mes (180€ TOTAL)
DATAS: do 30 de maia ao 18 de xullo do 2017
INSCRICIÓNS: envianos un correo cos teus datos e o nome do obradoiro a: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Iniciación á edición de video con Premier Pro CC, os mellores consellos e trucos para ter un video en poucos minutos, con material profesional para que en cada clase poidas prácticar!

PROGRAMA
Clase 1: Introdución a terminoloxía relacionada co video (codecs, formatos).
Presentación da interface do programa.
Settings.
Desenvolvemento de cada parte da interface e primeiras probas de importación do material.
Como arranxar material offline

Clase 2: Axustes de interface e organizar o material.
Chequear e axustar a configuración de audio.
Creación do primeiro corte. Afinar o corte
Cubrir con recursos.
Engadir música e facer un balance de audio.

Clase 3: Engadir transicións de imaxe e audio.
Axustar parámetros de movemento.
Introdución á animación por keyframes.

Clase 4: Animar un clip usando keyframes.
Engadir efectos prácticos

Clase 5: Engadir efectos a multiples clips, máscaras e trackings.
Engadir títulos básicos e chyrons.

Clase 6: Engadir créditos en scroll
Corrección de cor

Clase 7: Corrección de cor creativa.
Exportar a película

Clase 8: Opcións extras de exportación,
Resolución de dúbidas e tutoría persoal

DOCENTE: Raquel Enriquez Castro
O meu campo de acción é a postproducción, motion graphics e VFX. Logo de 10 anos traballando en Barcelona, volvo a Galicia coa ilusión do primeiro día. traballei en 2 películas como Junior Composer e en centos de proxectos audiovisuales aportando a miña experiencia no campo da postproducción.

https://www.linkedin.com/in/raquelenriquezcastro/
https://www.youtube.com/channel/UCnOKG3uDxxe3nqWs_AK_7sw?view_as=public
https://vimeo.com/raquelenriquez

DESTINATARIOS
Curso dirixido a persoas interesadas en desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para poder editar os seus propios videos, ou dedicarse de xeito profesional a iso. Non fai falta ter coñecementos previos. Apto para todas as idades a partir de 16 anos.

MATERIAL INCLUÍDO NON OBRADOIRO
O material incluído no obradorio será o nececesario para realizar as clases prácticas (arquivos de video e proxectos de premier pro cc, coidado porque versións anteriores do premier non valerán)

NECESIDADES
O alumno deberá asistir co seu ordenador e o programa Premier pro cc instalado.