Impartido por: Michel Martín
Nivel: MEDIO
Duración: 8h
Prezo: 100€
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 18
Datas: 15 de Xuño de 2017, xoves.
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
Masterclass sobre as claves do espectacular sonido dos directos do grupo “Los Enemigos”.

PROGRAMA
-­‐Selección e ubicación microfónica.
-­‐Sound check eficaz.
-­‐Coherencia de fase na toma de son.
-­‐Arquitectura da mezcla.
-­‐Trucos de compresión.
-­‐Side chain.
-­‐Selección das unidades dos efectos.
-­‐Trucos nas unidades dos Efectos.
-­‐Rogos e Preguntas.

DOCENTE
Michel Martín (Madrid, 1965) é productor musical, enxeñeiro de son, consultor independente e formador.

Michel Martín é Titulado en Sistemas de Audio e Sonorización pola Universidade Politécnica de Valencia, e conta con estudos de electrónica, psicoacústica, música, acústica e electroacústica. Ten ademais, unha gran traxectoria profesional, tras máis de 35 anos no mundo das grabaciones musicais e a sonorización de concertos en multitude de viras de gran renombre, cun bagaxe de máis de 4.500 concertos.
Michel Martín conta tamén con máis de 18 anos de experiencia docente como profesor experto en son e en todos os aspectos técnicos que supoñen unha produción musical de calidade. dirixiu cursos en diversas escolas públicas e privadas e en CICE, onde imparte na actualidade dous cursos sobre Técnicas de Produción Musical e Perfeccionamiento da Mestura Musical. Tamén formou parte do plantel docente doutras recoñecidas escolas como o CEV ou o SAE INSTITUTE. Michel Martín é tamén conferenciante habitual en multitude de universidades do territorio nacional.
Se queres saber máis de Michel Martín, podes ir directamente ao seu web pulsando aquí:

https://sonidomichelmartin.wordpress.com/cv/

DESTINATARIOS
A estudantes e profesionais do sector de son (Técnico de son de directo, estudo, músicos e productores musicais), que desexen ampliar os seus coñecementos sobre o mundo da produción e o tratamento do audio profesional para a mestura en estudo e en directo, así como para a grabación musical.

NECESIDADES
Só o necesario para tomar notas.