Impartido por: ROBERTO C. GODAY
Nivel: Iniciación
Duración: 36 horas – 3 horas/semana
Horario: 16:30h a 19:30h OS XOVES
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 90 €/mes (270€ TOTAL)
DATAS: do 14 de SETEMBRO ao 7 de DECEMBRO do 2017
INSCRICIÓN: Un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
Descrición:
Con este curso preténdese achegar o mundo da animación e creación de gráficos animados a todos os asistentes. Intentarase mostrar diferentes usos a traves de diversos proxectos.
Programa:
- Entorno de traballo (Ventá de proxectos, visores, liña de tempo, paletas desplegables)
- Tipos de Capas (Sólidos, textos, capas de axuste)
- Traballo con capas (Edición, transformacións,animación básica, 2D Vs 3D)
- Animación de textos.
- Máscaras
- Integración con premiere pro e photoshop.
- Composición básica de imaxes (mattes e keying)
- Tracking
A orde dos contidos non é necesariamente esta, xa que se vai traballar en base a proxectos onde se irán vendo as diferentes ferramentas e técnicas.
Docente:
Roberto C. Goday
De caracter inquedo e polifacético. Adícome desde hai máis dunha década á postprodución, 3D, composición musical e deseño de son. «Valgo tanto para un roto como para un descosido».
www.linkedin.com/in/robertocgoday
Destinatarios:
Calquera persoa interesada en animación, motion graphics, composición de imaxes en movemento, creación de títulos de crédito ou similares.
Necesidades:
O ideal é ter un portatil máis ou menos moderno con after effects e algún programa de manipulación de imaxes compatible co formato .psd. Se se ten a suite de adobe mellor porque se falará algo sobre a integración de After Effects con Premiere Pro e Photoshop.