Avogado? avogadooo…
DEREITOS E OBRIGAS LEGAIS NO SECTOR CULTURAL
Impartido por: Ania González
Nivel: Iniciación
Duración: 8h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 16
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: Sabado 4 de Novembro
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: domingo 29 de outubro
INSCRICIÓN: QUERO FACER ESTE OBRADOIRO
DESCRICIÓN
Todo o que sempre quixeches saber sobre os dereitos e as obrigas legais da túa actividade profesional en arte, música,, produción ou xestión cultural e nunca te atreviches a preguntar.
PROGRAMA
1º sesión:
- Nocións básicas sobre asesoramento xurídico no sector cultural.
- Propiedade Intelectual, realidade ou fantaciencia.
- As miñas obrigas fiscais:
- Facturación
- Facenda (Trámites, Oficina electrónica, IAE, Renta, IVE…)
- Seguridade Social (Réxime xeral e especial de autónomas)
2º sesión:
- Os meus contratos (aluguer, prestación de servizos, compraventa, colaboración, depósito de obra, cesión de dereitos de explotación, reprodución e distribución de obra…)
- Relacións coa Aministración Pública
- Relacións con Institucións do Común (asociacións, colectivos, cooperativas, sociedades secretas…)
- Creación cultural e desobediencia civil
O obradoiro baséase na construción colectiva de coñecemento polo que durante as sesións haberá espacio para o debate, a resolución de casos prácticos e o intercambio de experiencias.
DOCENTE: Ania González Castiñeira
Avogada e crítica cultural. Máster en Avogacía. Especialista en Teoría Crítica, Estudos Museísticos e Feminismos. Investigadora en programas de nova institucionalidade. Colaboradora en Praza Pública e Babelia-El País.
www.lysisundkritik.wordpress.com
DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas que desenvolven unha actividade profesional no sector cultural por conta propia interesadas en coñecer a normativa, as obrigas, dereitos, ferramentas de negociación e relacións xurídicas que as afectan.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Bibliografía, modelos de contratos, directorios de asesoramento e vale desconto dun 50% na túa primeira consulta no despacho xurídico Joaquín R. P. Caamaño abogados .
NECESIDADES
Portátil ou dispositivo con conexión a Internet (1 mínimo por cada tres alumnas)