Impartido por: Raquel Enríquez
Nivel: Iniciación-Medio
Duración: 36h
Horario: 3h semanais de 16:30 A 19:30 (LUNS POLAS TARDES)
N.º de prazas: 14
Cuota de inscrición: 270 € (repartidos en TRES pagos de 90€ cada mes) OU 250 € o pagas todo xunto.
Datas: do 2 de abril ao 18 de xuño de 2018

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

 

 

DESCRICIÓN

Iniciación á edición de video con Premiere Pro CC, os mellores consellos e trucos para ter un video en poucos minutos, con material profesional para que cada clase poidas practicar. Desenvolvemento de proxecto documental/artístico persoal

PROGRAMA

Clase 1: Introdución á terminoloxía relacionada co video (codecs, formatos,resolucións,fps).

Formulación de proxecto documental creativo (cada alumno deberá recompilar/gravar material, facer storyboard, para desenvolver o seu propio video)

Clase 2: Presentación da interface do programa.

Settings.

Desenvolvemento de cada parte da interface e primeiras probas de importación do material.

Como arranxar material offline

Proxecto persoal: Concept board, ideas, temas a transmitir, como transmitilos, elección de estilo e formato. Presentación de temas en clase.

Clase 3: Axustes de interface e organizar o material.

Chequear e axustar a configuración de audio.

Creación do primeiro corte. Afinar o corte

Cubrir con recursos.

Engadir música e facer un balance de audio.

Proxecto persoal: Realizar o storyboard/escaleta

Clase 4: Engadir transicións de imaxe e audio.

Axustar parámetros de movemento.

Introdución á animación por keyframes.

Proxecto persoal: recompilar/gravar material (raccord visual, sonoro)

Clase 5: Animar un clip usando keyframes.

Engadir efectos prácticos

Proxecto persoal: recompilar/gravar material

Clase 6: Engadir efectos a multiples clips, máscaras e trackings.

Engadir títulos básicos e chyrons.

Proxecto persoal: documentación con textos a incluír/creditos/información escrita

Clase 7: Engadir créditos en scroll

Corrección de cor.

Clase 8: Corrección de cor creativa.

Exportar a película.

Resolución de dúbidas e tutoría persoal para desenvolvemento de video propio.

Clase 9: Opcións extras de exportación,

Proxecto persoal: ordenar todo o material, importar, creación do primeiro corte.

Clase 10: Xornada de traballo propia na que os alumnos aplicasen todo o visto no curso para realizar o seu propio video documental creativo.

Clase 11: Consellos e regras de compresión.

Xornada de traballo. Postproduccion de audio de cada proxecto persoal.

Clase 12: Xornada de traballo. Postproducción de cor de cada proxecto persoal.

Export e upload a redes sociais.

 

DOCENTE: Raquel Enriquez Castro

O meu campo de acción é a postproducción, motion graphics e VFX. Logo de 10 anos traballando en Barcelona, volvo a Galicia coa ilusión do primeiro día. Traballei en 2 películas como Junior Composer e en centos de proxectos audiovisuales aportando a miña experiencia no campo da postproducción.

https://www.linkedin.com/in/raquelenriquezcastro/

https://www.youtube.com/channel/UCnOKG3uDxxe3nqWs_AK_7sw?view_as=public

https://vimeo.com/raquelenriquez

 

DESTINATARIAS

Curso dirixido a persoas interesadas en desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para poder editar os seus propios videos, ou dedicarse de xeito profesional a iso. Non fai falta ter coñecementos previos. Apto para todas as idades a partir de 16 anos.

 

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

O nececesario para realizar as clases prácticas (arquivos de video e proxectos de premier pro cc, coidado porque versións anteriores do premiere non valerán)

 

NECESIDADES

Deberás asistir co teu ordenador e o programa Premiere pro cc 2015 instalado.

 

QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com