Impartido por: María Ramos
Nivel: Iniciación
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 150 €
Datas: 19 e 20 de maio de 2018
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 17 de maio
DESCRICIÓN
Curso intensivo no que adquirirás as nocións básicas para empezar a deseñar as túas propias tipografías. Inspirándonos en referencias históricas, trasladaremos os nosos bosquexos ao formato dixital.
PROGRAMA
Día 1
– Teoría 1: Introducción ao deseño de tipografías e terminoloxía.
– Práctica 1: Ánalise e selección de referencias, teremos mostras impresas de referencias históricas e publicacións de consulta. Os asistentes poderán traer as súas propias referencias se así o desexan.
– Práctica 2: Dividiremos a clase en grupos de traballo e definiremos os conceptos e características que definirán cada unha das tipografías.
– Práctica 3: Bosquexo de caracteres.
– Práctica 4: Ánalise e posta en común dos bosquexos.
– Teoría 2: Deseño vectorial en tipografía.
– Práctica 5: Dixitalización dos primeiros caracteres.
Día 2
– Teoría 3: Ferramentas e uso do software de deseño de tipografías Glyphs.
– Práctica 6: Traballo en equipo para a posta en común do deseño.
– Práctica 7: Elaboración dunha pequena mostra dos proxectos.
– Práctica 8: Presentación e análise comentada dos proxectos.
– Teoría 4: A tipografía hoxe.
DOCENTE: María Ramos
O meu currículo dí que son publicista con certa bagaxe como deseñadora gráfica. Foi o meu espíritu curioso e autodidacta o que me levou a cruzar fronteiras e especializarme no que hoxe é a miña profesión, o deseño de tipografías. Tamén escribo e investigo sobre as letras e a súa historia.
www.marsidesino.com
DESTINATARIOS
Calquera persoa interesada no deseño de tipografías. É especialmente interesante para deseñadores, ilustradores e outros profesionais ou afecionados ao deseño dixital. É recomendable, aínda que non imprescindible, ter certas nocións de debuxo vectorial.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel, regras milimetradas, lapis e outros materias para debuxar.
NECESIDADES
Ordenador portátil. Traballaremos co programa de deseño de tipografías Glyphs para Mac, podes descargar a versión de proba en www.glyphsapp.com/buy. Para usuarios de Windows utilizaremos a versión de proba de Fontlab, podes descargala en https://www.fontlab.com/font-editor/fontlab-vi/#download