Impartido por: Susana Suárez
Nivel: Iniciación (Non son necesarios coñecementos previos)
Duración: 12 Horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h o sábado e de 10h a 14h o domingo
N.º de prazas: 12
Cota de inscripción: 155€
Datas: 6 e 7 de outubro 2018
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 22 de setembro
DESCRICIÓN
Curso de iniciación á pintura sobre seda. Estudo da técnica básica de gutta, aplicación. Faremos o noso propio bastidor e realizaremos un pano, utilizando esta técnica milenaria, técnicas complementarias e posibilidades.
Efectos especiais, técnicas sen gutta: Realización de 2 panos pequenos.
Fixado das cores e acabado.
Estudo dos traballos realizados.
PROGRAMA
– Introdución á pintura sobre seda, orixes
– Soportes: O bastidor.
– Tipos de sedas máis comúns.
– Preparación da seda.
– Técnica Clásica: a gutta.
– Pinturas de fijación ao vapor.
– Acuarela, degradados húmido e seco.
– Espesantes e diluintes.
– Técnica do sal.
– Técnicas sen gutta: Efectos especiais.
– Fixado e acabado.
DOCENTE:
Susana Suárez é creadora textil, especializada en pintura sobre seda, desenvolvendo os seus deseños textiles desde 2001 en Asturias.
Entre os seus premios: Premio Peza única de Artesanía de Asturias 2008, así como Finalista dos Premios Nacionais de Artesanía 2009 entre outros.
Grazas ao seu traballo sobre seda, puido coñecer outras realidades, compartir a súa experiencia como creadora con mulleres doutros países ou mostrar o seu traballo en feiras tanto nacionais como internacionais.
DESTINATARIOS
Deseñadores, artistas textiles, artesáns e persoas interesadas no mundo textil ou que queiran coñecer de cerca o mundo da pintura sobre seda.
MATERIAL INCLUÍDO NO TALLER
Inclúense distintas clases de seda para realizar os traballos.
1 pano de 70 cm x 70 cm.
2 panos de 55 cm x 55 cm.
Mostras
Material necesario para a realización dos traballos, fixado ao vapor dos traballos realizados.
NECESIDADES
Os alumnos deberán traer: libreta, lápiz brando nº2, bolígrafo, delantal algún trapo de algodón