Impartido por: Carlos Cartoné
Nivel: Iniciación-Medio
Duración: outubro a xuño
Horario: de 20:00 a 222:00 os LUNS
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 55 €/mensual
INSCRICIÓN: ou un mail cos vosos datos  (NOME, DNI E TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

Laboratorio permanente de escrita creativa

Un espazo para reincidentes

Dirixido a persoas que xa participaron no obradoiro de escrita creativa e aínda teñen valor para vir pedindo máis. É dicir, persoas que xa escriben pero aínda non conseguen facelo de xeito habitual, non atopan a súa voz ou senten que necesitan profundar nos seus coñecementos do proceso creativo.

Ao longo do ano traballarase na creatividade a través da escrita de xeito práctico, lendo obras de diversos autores, analizándoas até o miolo para entender os seus mecanismos internos e adaptando despois aqueles que atopemos interesantes para empregalos na nosa escrita.

Centrarase na novela breve, que, pola súa extensión, permite un traballo máis profundo e extenso que no caso do relato.

PROGRAMA

Primeiro trimestre (outubro a decembro):

-Breve presentación, lectura e análise dunha novela breve.

-Que é? En que se diferencia do relato e da novela?

-Como traballar cun tema definido ou unha historia concreta

Segundo trimestre (xaneiro a marzo):

-A importancia dos personaxes

-Dosificación do conflito

-Diálogos verosímiles

Terceiro trimestre (abril a xuño):

-Os motivos literarios

-Contaminación ou cruces con outros xéneros

-A delgada liña vermella que separa realidade de ficción