Impartido por: NACU
Nivel: Iniciación
Duración: 8 horas
Horario: sábado de 10 a 14 e de 16 a 20
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 2o de outubro de 2018
DESCRICIÓN
Coñeceremos os tipos de caligrafía manuscrita e practicaremos algúns deles coas plumillas correspondentes sobre plantillas dos seus abecedarios. Tamén probaremos diferentes ferramentas, tintas e papéis para que aprendades a escollelos.
PROGRAMA
A medida que facemos un breve percorrido pola historia e evolución da caligrafía, imos ir probando sobre plantillas algúns dos máis importantes coas plumillas que úsanse para cada estilo.
Probaremos tamén diferentes papéis, tintas e acuarelas para que poidades apreciar as diferencias, e así poder escoller os materiais óptimos para o estilo de caligrafía que vaiades practicar.
Explicaremos tamén dende coma sentarse para unha óptima escritura coa plumilla, ate cómo limpar e coidar das plumillas, das tintas e do papel.
Tamén falaremos de webs onde poderedes encontrar material, tanto didáctico coma para a escritura, e de persoas que paga a pena seguir de preto nas redes sociais.
DOCENTE: nacu
Diseñadora gráfica e calígrafa
DESTINATARIOS
Calquera con inquietude sobre a caligrafía e quera empezar.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
para cada alumno:
· Plumillas (1 plana e 1 de punta fina)
· Portaplumas de madeira
· Tinta e bote para a tinta
· Nogalina en pó
· Apuntes de teoría (con exemplos para aprender)
· Plantillas de exercicios para os diferentes estilos
Para a obradoiro:
Variedade de tintas, acuarelas e papeis con diferentes texturas, gramaxes e acabados.
NECESIDADES DO ALUMNO
Non hai que levar nada, só moitas gañas de facer letras, pero se tedes material de caligrafía o podedes traer.