Impartido por: Carla de Figueredo
Nivel: Para todos os niveis
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 60 €
Datas: 12 e 13 de xaneiro 2019
DESCRICIÓN
O cabaré históricamente, encargouse de recoller todo tipo de disciplinas artísticas para escapar da censura
e dar forza á opinión pública. O cabaré e punk, é provocación, é política, é feminismo, é pensar por unx mesmx… É TRANSGRESOR.
Para dominalo debemos abrir a nosas mentes e os nosos corpos utilizando distintas disciplinas (danza, teatro, canto -esencialmente-)
e aprender a construir dende o noso superyó unha personaxe que esté disposta a romper os esquemas, a pisar con seguridade…
que organice o seu pensamento e se exprese sen medo, e que, por suposto, conquiste o seu erotismo.
A finalidade deste obradoiro é comezar unha revolución feminista, partindo da nosa propia satisfacción.
Non pode ser de outro modo.
PROGRAMA
1- O CABARÉ COMO INSTRUMENTO DE OPINIÓN PÚBLICA.
2- TRANSGREDIR, ROMPER O ESQUEMA.
3- A CONQUISTA DO EROTISMO. A DIVERSIDADE SEXUAL.
3- PROXECCIÓN DA NOSA IMAXE CORPORAL. PRESENCIA ESCÉNICA E ELEMENTOS ESCÉNICOS.
4- CREACIÓN DA PERSONAXE. O GUIÓN.
5- ACTITUDE, CREATIVIDADE E INTERPRETACIÓN.
6- EXPRESIÓN CORPORAL E DANZA.
7- EXPRESIÓN VOCAL E CANTO.
DOCENTE:
Carla de Figueredo
Con máis de 15 anos de experiencia en artes escénicas e especializada en canto moderno, formouse en Galicia,
Italia ou na Berklee School of music at Umbria Jazz Clinics con Joey Blake ou Dennis Montgomery III;
cantante e profesional do cabaré dende o ano 2006; Fundadora e directora de Inquietas Compañía Artística (2011)
e Bolboretas (2017); mestra en diversas escolas de canto moderno, teatro musical, cabaré e burlesque dende 2011.
DESTINATARIAS
Persoas maiores de idade.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Complementos para xogar a mudar as identidades.
NECESIDADES
Que xs alumnxs veñan con dúas mudas:
1- roupa cómoda.
2- roupa lencera.