Impartido por: Larexa Escola de Formación Feminista
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas repartidas en 2 días
Horario: sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h, domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 65 €
Data: 16 e 17 de marzo de 2019
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: dous días antes do comezo do obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN

Estamos fartas de falar das princesas Disney, pero o amor romántico toma moitas formas diferentes. Existe unha contradición entre os ideais do amor romántico e a realidade? Poderíamos, cunhas tesoiras e unhas cartolinas cuestionar as relacións tóxicas? Que é isto da Guerrilla Comunicativa e como me pode axudar a esquecer á miña ex-parella? E, sen dúbida o máis importante… que pensará unha veciña calquera de San Pedro de todo isto?
Ímolo pescudar entre todas! Amores de postal é un obradoiro vivencial de deconstrución (ou demolición) do amor romántico e de exploración de novos xeitos de relacionarse, a través de dinámicas participativas e a creatividade do teatro, a literatura, as artes plásticas e a guerrilla comunicativa.

PROGRAMA

– Presentación: Dinámicas de coñecemento e cohesión grupal
– Traballando os mitos do amor romántico
– A escrita creativa e colectiva
– O creativo, damos forma á nosa proposta de guerrilla comunicativa. Creación de postais de Amor-Antiamor
– Guerrilla comunicativa: enviamos as postais!

DOCENTES:
As docentes serán a psicóloga Carmen Vilas e a politóloga Sara Martínez, da Escola de Formación Feminista Larexa, ambas axentes de igualdade con experiencia na docencia e na facilitación de obradoiros.

larexaformación@gmail.com

DESTINATARIAS

Mulleres de calquera idade, que teñan ganas de coñecerse e coñecer as cuestións sociais do amor romántico, que precisen compartir as súas propias experiencias, dúbidas, ideas ou contradicións, ou que estean interesadas en cuestionar o amor romántico e construír outro tipo de relacións.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Dossier informativo e bibliografía.

NECESIDADES
Roupa cómoda.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

 

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com