Impartido por: XULIO R. CORDEIRO
Nivel: Medio
Duración: 12h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h sábado e de 10h a 14h domingo
N.º de prazas: 18
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 23 e 24 de marzo de 2019
INSCRICIÓNS: envianos un correo cos teus datos (NOME, TEL, DNI) e o nome do obradoiro a: queroaprender@escolaunitar
DESCRICIÓN
Neste obradoiro #aprenderás a avaliar, deseñar e planificar todos os aspectos necesarios para realizar un gran evento musical ou festival.
PROGRAMA
Sábado
Presentación
Avaliación de necesidades para a elaboración dun orzamento de produción.
Estudo das necesidades: Toma de contacto co promotor – Necesidades derivadas do perfil do evento.
Localización e deseño do espazo.
Toma de contacto co artistas e rider – Necesidades derivadas do rider dos artistas.
Son, iluminación, video, backline, escenarios e rigging.
Localización
Elaboración da documentación.
Plan de produción, planning de montaxe, follas de ruta, horarios concertos e probas.
Exercicio
Domingo
Exercicio.
Proceso de produción dun evento
Contratación e coordinación de personal e equipamentos
Autoprotecció
DOCENTE: Xulio Cordeiro
Responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, onde, entre outros eventos, dirixiu a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardederes no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega.
Con anterioridade coordinou para as empresas La Fábrica de Chocolate e Esmerarte as producións do Festival Cultura Quente e de Vigo Tranforma.
Foi socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.
DESTINATARIAS
PRODUCTOR*S/XESTOR*S CULTURAIS/DIRECTOR*S E STAFF DE FESTIVAL E CONCERTOS
Este obradoiro vai dirixido por un lado a estudantes de produción, produtores e staff de festivales: entender o proceso de produción e asumir e entender o traballo e responsabilidade dentro da organización dun evento, e por outro a programador*s e xestor*s culturais, director*s de festivales: entender o proceso e idioma na produción, entender o que está pasando e porqué é fundamental para orzamentar e minimizar calquera risco económico.
NECESIDADES
PORTATIL CON OFFICE (SOLO PARA OS EXERCICIOS, NON É IMPRESCINDIBLE) e algo para tomar notas.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.
INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com