Impartido por: Io, obradoiro téxtil
Nivel: Iniciación
Duración: tres meses (abril, maio, xuño) hora e media/semana
Horario: os martes de 12:30 a 14:00
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 180€ en 3 cuotas de 60€ ou 160€ se pagas todo xunto (aforras 20€)
Datas: abril, maio, xuño de 2019
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: finais de marzo
INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Aprende os puntos básicos de bordado e as súas múltiplas aplicacións no campo da artesanía e do deseño.
PROGRAMA
Bordar é unha das técnicas téxtiles máis usada ao longo da humanidade. Construir formas e debuxos nos técidos convertíuse nunha mostra da capacidade creativa e artítsica do ser humano, así como tamén dun sinal da identidade de moitas culturas
ao redor do mundo enteiro. O curso quere ser unha introducción ao bordado contemporáneo e pretende que as asistentes
acaden un nivel de coñecemento medio sobre os puntos básicos do bordado.
A súa duración é de tres meses e está dividido en tres bloques de catro sesións de hora e media. os bloques constan dunha parte de teoría e outra de práctica do bordado e acaban cun proxecto final (bordado en bastidor, parches e bordado en sacos de tecido).
Alén disto, a través do curso vamos aprofundar transversalmente no desprestixio que sofren as artes téxtiles manuais femeninas na actualidade, traballeremos as nosas capacidades creativas innatas e experimentaremos a capacidade relaxante que proporciona o traballo manual e grupal.
1ª sesión
-Presentación do curso. introducción ao bordado. A importancia de lexiti¬mar e divulgar os labores tradicionais femeninos e beneficios dos traballo manual.
-Preparación do material. en que consiste cada cousa? tesoiras, tecidos, bastidores, fíos…
-Primeiras puntadas no bastidor: tecido de mostra, punto festón.
2ª sesión
-Punto de aliñavar & punto cadea.
3ª sesión
-Punto area & punto pé de flor.
4ªsesión
-Primeiro proxecto bordado. como calcar o debuxo. práctica usando os puntos vistos
ata o de agora.
5ª sesión
-Aplicacións actuais do bordado: roupa, decoración, ilustración.
-Punto de cruz, punto folla, punto de rede.
6ª sesión
– Punto nó francés. técnica de degradado.
7ª sesión
– 1º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
8ªºsesión
-2º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
9ª sesión
– Artistas de bordado contemporáneas.
– Punto rosa & punto escapulario.
10ª sesión
– Punto picot & punto recheo.
11ª sesión
– 1ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.
12ªºsesión
– 2ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.
DOCENTE: io morales sánchez
O meu nome é io, son artista e deseñadora téxtil e vivo en santiago de compostela. “io, obradoiro téxtil” é o meu proxecto persoal.
estudei escultura na escola mestre mateo. ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades
que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil, sendo agora mesmo obradoiro artesá dentro de artesanía de galicia. ademáis, nestes 2 últimos anos dedicín especializarme tamén en bordado, en concreto na técnica de recheo e punto matiz.
DESTINATARIAS
Persoas con gusto e ganas polo traballo artesá e manual.
NECESIDADES
Mans
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.
INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com