Chupalagamba é un evento de moda, arte e deseño que terá lugar o 8 de xuño na Escola Unitaria
O evento é unha coprodución cuxo obxectivo é presentar o resultado da colaboración entre tres marcas e un artista visual invitado.
Ademais da presentación destes traballos, durante todo o día haberá diferentes actividades;
comezará pola mañá cunha charla, seguido dun DJ con sesión de vermut e unha actuación musical como peche.

MARCAS

GORDA

@gorda_joyeria
Naceu en 2018 coa intención de unir deseño e artesanía. Tomando referentes estéticos de xoias de autor e usando as técnicas de xoias clásicas, fabrica pezas de pequenas tiradas; unha xoiaría asequible, produción artesanal e deseño único.

KI-FI

@ kifi.lab
É un colectivo galego formado por creativos de diferentes campos unidos para facer a moda nun momento no que o arte, deseño, fotografía, música e moitas outras disciplinas artísticas son necesarias para producir un produto exclusivo e orixinal e segundo as esixencias dun presente devorado pola roupa
lowcost e acaparamiento das multinacionais, onde a alternativa é desenvolver un concepto de marca e arte.

MILENA COLELLA

@milena_colella
É unha marca de xoias que traballa en series limitadas de xeito artesanal.
A experimentación e o deseño son a base do seu traballo.
Fai unha xoia contemporánea e provocativa, usando materiais accesibles e adaptación das técnicas tradicionais a unha forma máis práctica e atrevida de traballar.

ARTISTO INVITADO: OLMO BLANCO

@olmo_blanco
Artista visual, nacido en Boiro
(A Coruña) en 1982.
Activo desde 2007, o seus últimos traballos caracterizados polo uso de xeometrías e intervalos cromáticos que a miúdo se expanden por espazos arquitectónicos e os seus mobles.