
Live Cinema
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROGRAMA
Xornada 1:
– Referentes e exemplos de live cinema
– Manexo de Resolume.
– Conexión cámara- proxector: capturadoras e conexión directa
– Experimentación con cámara e materiais
Xornada 2:
– Xornada práctica. Creación duna peza de live cinema en base a una narrativa ou tema musical.
DOCENTE: Laura Iturralde
Licenciada en Escenografía e Técnica Superior en Imaxe e en Gráfica Publicitaria. Colabora coma escenógrafa, deseñadora de iluminación ou vídeo jockey con diferentes bandas e compañías, como Trilitrate, Sumrrá, Pálida,Borja Fernández, Prácido Domingo, ou Il Maquinario entre outros.
DESTINATARIAS
Destinado a persoas do campo das artes plásticas e do espectáculo ou do audiovisual. Convén un coñecemento mínimo de formatos de video.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Proxectores, materiais experimentación
NECESIDADES
Cada alumnx deberá traer o seu propio equipo portátil co Resolume 5 ou 6 instalado e QuickTime no caso de ter Windows.
Cada alumnx deberá traer una webcam.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.