Porcelana Creativa

  • Impartido por: Trinidad Contreras

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 16

  • Cuota de inscrición: 120 €

  • Datas: 27 de setembro de 2019

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Curso de porcelana creativa de pequeno formato, enfocado á xoiería ou o pequeno obxecto a través da realización de molde de escaiola.
 Obxectivos:
 Ofrecer unha visión básica sobre os moldes de escaiola para colada (slipcasting), aplicacións e solucións técnicas. Coñecer o material, a porcelana e a súa técnica para dar un adecuado acabado da mesma.

PROGRAMA

  • Presentación, comentar sobre o proceso
.
  • Introdución á técnica de “slipcasting”
.
  • Preparación da pasta Fabricación de moldes.
  • Construción de pezas a partir de moldes, cortar, pegar, texturizar…
  • Aplicar cor.
  • Coñecerás a técnica de “slipcasting” así como os tempos que o propio material esixe para a súa manipulación.
  • Coñecerás esmaltes apropiados para a monococción.
  • Proxectar de xeito creativo a porcelana.

DOCENTE

Trinidad Contreras, estudou Grado Superior en Joyería Artística, tutorizada por Ramón Puig Cuyás, na Escola Massana, Barcelona, desde entón traballa enfocada na porcelana, material predominante nas súas pezas.
 Forma parte do colectivo de joyeros Bórax 08001, quenes achegan unha xoiería diferente a todo tipo de público, á marxe dos circuítos das galerías.
Actualmente, participa en numerosas exposicións a nivel internacional, recientemente foi galardonada cun dos premios ArtsFAD 2017, organizado por A-FAD (Artistas e Artesanos de Fomento da Arte e do Deseño), en Barcelona.
http://menudadeplata.blogspot.com.es

DESTINATARIAS

Taller destinado a todos aquelas persoas que estean interesados na porcelana creativa de pequeno formato, desde unha xoia, ata o obxecto, pasando por pezas decorativas.

NECESIDADES

Prototipo (propostas orixinales, cada participante), con forma sencilla, simétricas (as orgánicas quizais son moi complexas para empezar, prohibido as “semillitas”)  Se é de plástico xenial. E que non superen os 4cm x 4cm aprox.

Recomendable tamén traer roupa cómoda e que se poida manchar 😉

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: