Impartido por: Marcos PTT
Nivel: Iniciación
Duración: 3 horas
Horario: de 16h a 19h
N.º de prazas:  15
Cuota de inscrición: 25 €
Datas: 4 de maio de 2019

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com

DESCRICIÓN
O claqué, tamén denominado tap dance, é unha danza percusiva que nos convirte en instrumentos musicais a través do movemento.
Ideal para desenvolver a psicomotricidade e facer exercicio a través da expresión e dunha forte inmersión da música. O claqué desconéctate da rutina e leva a túa cabeza a outro estado.

PROGRAMA
No curso aprenderemos os movementos e combinacións básicas, faremos xogos de coordinación, e percusión corporal e sobre todo bailaremos. Para mín é moi importante que ademáis de aprender a “dar os golpes” cos pés ou mans bailemos con todo o corpo.
Para iso usaremos todo tipo de músicas: dende o swing e jazz ata o funk ou o soul, e algún outro menos obvio.

A miña pedagoxía baséase moito en desconectar o intelecto, gozar e aprender con humor. Así que non te digas a ti mesma/o que “és patosa, non serves, non vales”. Proba e verás.

DOCENTE: Marcos PTT

Actor e titiriteiro, aprendín a bailar claqué nos meus anos en Barcelona, como xeito de aprender unha técnica que me fixera moverme e poñer o meu corpo en contacto coa música.
Por se queres referencias, estudiei con Sharon Lavi, Laia Molins, Mireia Font e Rubén Sánchez en Barcelona. Aconséllote que aprendas con eles, pero se non podes, eu quedo máis perto…

DESTINATARIAS
Calquera persona que NUNCA bailou claqué, e que quere achegarse a esta danza dun xeito lúdico mais serio. Con coñecementos de danza ou non.

NECESIDADES
Roupa cómoda. Para sudar… Nas primeiras clases non precisarás de zapatos. Trae zapatos de rúa, sen tacón alto. Zapato de suela dura (coiro, madeira), mellor. Pero calquer calzado serviráche para comezar.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

 

INSCRICIÓN: un mail cos vosos datos (NOME, DNI E TEL) e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com