Impartido por: Alma Zen de Yoga
Nivel: Iniciación
Duración: 2 h
Horario: de 18h:30 a 20:30h
N.º de prazas: infinito!
Cuota de inscrición: DE BALDE
Datas: 21 de xuño de 2019
Lugar: PARQUE DE BONAVAL (entrando polo CGAC ou Museo do Pobo, debaixo do ameneiro tocho ese que hai)
DESCRICIÓN
No ano 2014 as Nacións Unidas declararon o 21 de xunio o día internacional do Ioga.
Alma Zen de Yoga e Unitaria promoven unha actividade aberta e de balde para conmemorar este día. Para desfrutar de esta práctica realizarase unha clase dinámica con 108 saúdos ao sol ao aire libre (se non chove e se chove “deixa chovere”…que imos a sala de Unitaria.
O número 108 é de especial relevancia no budismo e hinduísmo. Os rosarios destas relixións teñen 108 boliñas que representan a distancia entre a lúa e a terra e a terra e o sol.  Os 108 saúdos ao sol son unha forma de meditación en movemento na que se realizan posturas enlazadas co ritmo da respiración.
DIRIXIDO A:
Aberto a tutti
NECESIDADES
Roupa cómoda e moitas ganas, leva esterilla por se non chegan as que levamos!