O PRÓXIMO FUN FUN FUN SERÁ EN...
0
0
0
0
Days
0
0
Hrs
0
0
Min
0
0
Sec

O MOVIDOTE DE AUTOEDICIÓN DE COMPOSTELA VOLTA POLO VERÁN!

En Xuño, na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), terá lugar a cuarta edición do FUN FUN FUN. A falta de descubrir o Cartel Oficial e maila Programación Definitiva, imos abrindo a convocatoria para o noso MERCADO DE AUTOEDICIÓN, que terá lugar de 12.00 a 23.00 do sábado 22 de Xuño. No FUN FUN FUN temos unha concepción aberta da autoedición: queremos os vosos papeis autoimpresos, pero tamén os vosos traballos manuais, a música feita na casa, a roupiña autoproducida, as pelis de guerrilla feitas por amor ao arte, e por suposto as vosas extrañas creacións sen nome nin entrada no dicionario. Voade alto. Queimade as ás.

BASES: Para solicitar sitio no MERCADO DE AUTOEDICIÓN

Mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor adxuntade a seguinte información:

  1. Nome da persoa ou colectivo que participa.
  2. Unha descripción da vosa proposta, de non máis de 2 liñas.
  3. Unha foto en boa calidade do material que queirades traer, a fin de permitirnos valorar o espazo necesario. De non ser posible enviar unha foto por non estar o material dispoñible, por favor dádenos algunha estimación do espazo que se ocuparía.
  4. Un enlace a algún lugar donde se poida observar o voso traballo (se é que existe).

A convocatoria estará aberta ata o 17 de Xuño, data na que anunciaremos de forma oficial ás persoas e colectivos participantes.

Bicos per tutti! 😘 FUN FUN FUN Headquarters.

ASÍ FOI