
O teatro é un anaco de vida. A ensinanza de Michael Chejov.
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
NECESIDADES
Tendes que enviar o antes posible o voso CV e un par de fotos vosas para que Verónica reparta os textos que teredes que traer aprendendidos para o obradoiro.
Pd: Traede roupa cómoda e o vestuario e obxectos que pensedes que vos poidan servir para as vosas escenas.
Verónica Forqué
Neta do músico e compositor galego José Vázquez Vigo, é filla do director e produtor José María Forqué e irmá do director Alvaro Forqué e da actriz Carmen Vázquez Vigo.
Estudou Arte Dramática e posteriormente, Psicoloxía. Iníciase no mundo do cine traballando en películas do seu pai a inicios dos setenta, ata chegar a converterse nunha actriz de comedia durante a década dos oitenta, período no que consegue diversos premios Goya.
En 2005 foi membro do xurado no Festival de cine de San Sebastián.
Premios Goya
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1992 | Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista | Kika | Gañadora |
1989 | Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista | Bajarse al moro | Nomeada |
1987 | Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista | La vida alegre | Gañadora |
1987 | Premio Goya á mejor interpretación feminina secundaria | Moros y cristianos | Gañadora |
1986 | Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria | El año de las luces | Gañadora |
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.