INTERPRETACIÓN DIANTE DA CÁMARA

  • Impartido por: Alfonso Zarauza

  • Duración: 12h

  • Horario: Sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e domingo de 10:00h a 14:00h

  • N.º de prazas: 16

  • Cuota de inscrición: 95€

  • Datas: 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!
Alfonso Zarauza
Alfonso ZarauzaDirector de cine e Guionista
Obradoiro práctico pensado para analizar e perfeccionar o traballo do actor en postas en escea cinematográficas, non televisivas. A maioría dos actores que coñezo teñen poucas oportunidades ao longo da súa carreira de darse a valer, é dicir, de poder escenificar postas en escea altamente fílmicas que profundicen na psicoloxía do personaxe con diálogos ben escritos. Todas as esceas seleccionadas teñen verdadeiro subtexto e perfiles psicolóxicos aos que se aferrar para poder afrontar unha verdadeira experiencia interpretativa.

NECESIDADES

Tendes que enviar o antes posible o voso CV e un par de fotos vosas para que Alfonso reparta os textos que teredes que traer aprendendidos para o obradoiro.

Pd: Traede roupa cómoda e o vestuario e obxectos que pensedes que vos poidan servir para as vosas escenas.

PROGRAMA

Sábado

De 10 a 14h
Teoría, análise e visionado de diferentes esceas e postas en escea en filmes de Alfonso Zarauza e outros filmes de directores internacionais.

De 16 a 20h
Representación das diferentes esceas por grupos diante dos compañeiros.

Domingo

De 10 a 14h
Representación das diferentes esceas por grupos e ao finalizar se queda tempo improvisación de alguna escea ou simulación dun casting.

DOCENTE

Alfonso Zarauza é director de catro longametraxes, dúas series de tv e varios videoclips. Foi guionista de seis longametraxes xa filmadas. Obtivo ducias de premios polos seus traballos entre eles: Premio do xurado no Brussels Film Festival por “Os fenómenos”; Premio mellor guión, fotografía e música no 35 Festival iberoamericano de Fortaleza (Brasil) por “Os fenómenos”; premio mellor actriz en festival Mediterráneo de Tetuan. Premio mellor director en Viña del Mar (Chile) e premio ao mellor guión en Los Angeles (EEUU) por “A noite que deixou de chover”; Premio ao mellor guión en Trieste (Italia); ademáis foi premiado con seis premios Mestre Mateo por diferentes proxectos. Na actualidade está en proceso de postprodución do seu último traballo “ONS”.

DESTINATARIOS

Obradoiro dirixido a actrices e actores profesionais ou estudiantes de interpretación. Tamén se podería admitir a xente non profesional ou con pouca experiencia, pero moi interesada no mundo da interpretación.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!