
PROGRAMACIÓN CREATIVA CON PROCESSING
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Processing é una linguaxe de código aberto e IDE (entorno de desenvolvemento), iniciado en 2001 no MIT. Está desenvolto principalmente por e para artistas e deseñadores, trátase dun acceso simple á programación creativa, cunhas enormes posibilidades e aplicacións: os seus múltiples usos van desde a xeración de gráficos en tempo real, visualización de datos, aplicacións de “computer vision”, control de sensores e actuadores (combinado con Arduino), instalacións interactivas…
🧐👌👉🏻 www.processing.org
PROGRAMA
- Historia e visionado de proxectos.
Visión xeral do software.
Funcións básicas de debuxo.
Uso da cor.
** Práctica. - Tipos de datos e variables
Estructura en funcións
Consola
Transformacións
Arrays
Funcións Lóxicas
Mouse e Teclado. Primeira interactividade
**Práctica - Carga de elementos externos
Imaxes en Processing
Atributos
Video (play e captura)
**Práctica - Librerías
ControlP5
Física
Computer Vision
Comunicación. OSC eTouchOSC
**Práctica
DOCENTE
Marta Verde (Pontevedra, 1985) Artista visual e programadora creativa, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo; especializada en Media Arts e Tecnoloxías dixitais aplicadas á escena. Programa Fab Academy de especialización en fabricación dixital.
Desenvolve visuais, gráficos interactivos e xerativos, dispositivos electrónicos personalizados, wearables e instalacións interactivas tanto para músicos coma para compañías de teatro e danza, artistas, deseñadores, institucións, publicidade ou estudios de iluminación; sempre buscando a fusión entre arte, creatividade e tecnoloxía.
DESTINATARIAS
Artistas, creativas e persoas curiosas interesadas en iniciarse no campo da programación creativa ou arte xerativa. Non son necesarios coñecementos previos de programación.
NECESIDADES
Ordenador portátil. Windows, Mac ou Linux
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.