CREACIÓN ESCÉNICA

  • Impartido por: Marta Pazos

  • Nivel: Profesional

  • Duración: 20h

  • Horario: venres de 16:00h a 20:00h e sábado e domingo de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

  • N.º de prazas: 16

  • Cuota de inscrición: 200€

  • Datas: 4, 5 e 6 setembro de 2020

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN

A directora de escena Marta Pazos, propón este taller un campo de probas e unha reflexión dos procesos de composición na creación contemporánea. Lanzando propostas concretas, os/as participantes xerarán unidades que permitirán a observación de materiais escénicos co fin de percibir o puctum, o lugar onde se detén a nosa propia mirada.

PROGRAMA

-Redescubrir a relación actriz/actor, dramaturgo/a, director/a e replantear os roles no proceso creativo.
-Implementar a autonomía creativa do grupo e as singularidades, o seu compromiso, responsabilidade e xenerosidade.
-Desarrollar a capacidade de xogo, imaxinación e intuición artística.
-Xerar disparadores creativos a partir de eixos temáticos e xestionar a información xerada polos mismos.
-Estudio do tempo, ritmo e espazo como elementos fundamentales no texto escrito e na posta en escena.
-Que as/os participantes sexan capaces de vincular o seu traballo co seu contexto, a través da observación precisa do entorno.
-Recoñecimiento do corpo, voz e da identidade creadora.

DOCENTE: Marta Pazos

Marta Pazos é directora de escena, intérprete e escenógrafa, está considerada unha das mentes máis efervescentes da vanguardia escénica española.
É directora artística da compañía Voadora xunto á que desenvolve unha linguaxe propia baseado na plástica, a música, a hibridación de disciplinas e a investigación escénica constante.
Desde o ano 2000 dixiriu teatro e ópera para espazos como o Teatro Real, Teatro Lliure, Centro Dramático Nacional, Teatro Español, Centro Dramático Galego… As suas direccións presentáronse en festivais de Brasil, Portugal, Francia, Mozambique ou República Checa.

http://www.martapazos.es

DESTINATARIAS

Creadores y creadoras escénicos, actores/ices, directores/as e autores/as.

NECESIDADES

Roupa cómoda, botella de agua, caderno e bolígrafo.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!