NOISE TO MEET YOU

  • Impartido por: Nacho Muñoz

  • Nivel: Medio

  • Duración: Sesións de 2h

  • Horario: de 12:00h a 14:00h os venres

    ou de 16:30h a 18:30h os venres

  • N.º de prazas: 9

  • Cuota de inscrición: 35 €/mes

  • Datas: a partir do 15 de xaneiro 2020

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

NOISE TO MEET YOU!! é un espazo aberto de escoita e experimentación sonora onde compartir as nosas loucuras e inundar as rúas de Compostela de noise, liberdade, imaxinación e desexo.

PROGRAMA

Traballaremos durante 6 meses un día á semana (2 horas) para preparar concertos mensuais e audioperformances ao vivo en diferentes localizacións da cidade.
Achegarémonos á música desde estéticas contemporáneas como a fonografía, a electrónica, a composición experimental ou técnicas instrumentais non convencionais, incorporando a paisaxe sonora de Compostela como elemento compositivo e performático a través de gravacións de campo e derivas pela cidade.
Ensaiaremos metodoloxías participativas aplicadas ao sonoro, como exercicios de escoita ou conducción xestural.

Experimentaremos procesos sonoros electrónicos con instrumentos convencionais: drones, loops, ambientes, noise ou filtros.

Reformularemos conceptos básicos como armonía, acordes, melodías, notas o ritmos, pensando en superposicións, texturas, sucesións, frequencias, repeticións ou modulacións.

Exploraremos Compostela a través do seu son, organizando derivas e audioperformances pola cidade.

DOCENTE: Nacho Muñoz

Nacho Muñoz (IgMig, madamme cell, Parkour Sonoro) é compositor, productor e pianista. A súa investigación céntrase nos sons urbanos, na música electrónica e na composición contemporánea no piano
https://www.instagram.com/_sonicparkour_/

DESTINATARIAS

O curso está dirixido a músicxs, artistas ou persoas con algún coñecemento musical, en especial a aquelas interesadas en atopar novas vías de expresión para comunicarse a través da música.

NECESIDADES

Un instrumento musical

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: