
Bordado
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
PROTOCOLO COVID-19 UNITARIA
-Desinfección de mans á entrada e saída de clases.
-Máscara obrigatora durante toda a clase.
-Tes que traer a túa propia esterilla ou material para o obradoiro.
-Hidroxeles a tutiplén.
-Hai purificadores de aire nas dúas salas.
-Control de CO2 en PPM (partículas por millón) e así controlar a renovación de aire.
DESCRICIÓN
Aprende os puntos básicos de bordado e as súas múltiples aplicacións no campo da artesanía e do deseño.
PROGRAMA
Bordar é unha das técnicas téxtiles máis usada ao longo da humanidade. Construir formas e debuxos nos técidos convertíuse nunha mostra da capacidade creativa e artística do ser humano, así como tamén dun sinal da identidade de moitas culturas ao redor do mundo enteiro. O curso quere ser unha introducción ao bordado contemporáneo e pretende que as asistentes acaden un nivel de coñecemento medio sobre os puntos básicos do bordado.
A súa duración é trimestral e está dividido en tres bloques. Os bloques constan dunha parte de teoría e outra de práctica do bordado e acaban cun proxecto final (bordado en bastidor, parches e bordado en sacos de tecido). Alén disto, a través do curso vamos aprofundar transversalmente no desprestixio que sofren as artes téxtiles manuais femeninas na actualidade, traballeremos as nosas capacidades creativas innatas e experimentaremos a capacidade relaxante que proporciona o traballo manual e grupal.
- Presentación do curso. introducción ao bordado. A importancia de lexiti¬mar e divulgar os labores tradicionais femeninos e beneficios dos traballo manual.
- Preparación do material. en que consiste cada cousa? tesoiras, tecidos, bastidores, fíos…
- Primeiras puntadas no bastidor: tecido de mostra, punto festón.
- Punto de aliñavar & punto cadea.
- Punto area & punto pé de flor.
- Primeiro proxecto bordado. como calcar o debuxo. práctica usando os puntos vistos ata o de agora.
- Aplicacións actuais do bordado: roupa, decoración, ilustración.
- Punto de cruz, punto folla, punto de rede.
- Punto nó francés. técnica de degradado.
- 1º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
- 2º parte de proxecto bolsa de tecido bordada.
- Artistas de bordado contemporáneas.
- Punto rosa & punto escapulario.
- Punto picot & punto recheo.
- 1ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.
- 2ª parte do proxecto bordado en feltro de la, confeccionar un parche para a roupa.
DOCENTE: Io Morales Sánchez
O meu nome é Io, son artista e deseñadora téxtil e vivo en santiago de compostela. “io, obradoiro téxtil” é o meu proxecto persoal. Estudei escultura na escola mestre mateo. ao pouco de acabar, descubrín o arte téxtil e fiquei namorada das posibilidades que técnicas tan comúns como o tricó e o croché podían ofrecer ás artes plásticas. Por causa da miña paixón polo feito a man e o cotián acabei por me profesionalizar nestas ramas do téxtil, sendo agora mesmo obradoiro artesá dentro de artesanía de galicia. ademáis, nestes 2 últimos anos dedicín especializarme tamén en bordado, en concreto na técnica de recheo e punto matiz.
DESTINATARIAS
Persoas con gusto e ganas polo traballo artesá e manual.
NECESIDADES
Mans
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.