O TEATRO É UN ANACO DE VIDA

A ensinanza de Michael Chejov.

  • Impartido por: Verónica Forqué

  • Duración: 16h

  • Horario: venres de 16:00h a 20:00h e sábado e domingo de 13:00h a 19:00h

  • N.º de prazas: 16

  • Cuota de inscrición:

    Se te incribes antes do 30 de xuño 2021: 220 €.

    Depois do 30 de xuño 2021: 240€

  • Datas: 10, 11 e 12 de setembro de 2021

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
Verónica Forqué
Verónica ForquéActriz

DESCRICIÓN

“Nun curso no que estiven con John Strasberg, aprendín iso, que o teatro é un anaco de vida.
Anos máis tarde descubrín, grazas a José Luís Gómez, co que facía “As cadeiras”, de Ionesco, as técnicas de Michael Chejov, que foron unha auténtica revelación para min.
Gustaríame que fosen unha revelación tamén para vós.
Traballaremos co noso corpo, o noso instrumento, e cos exercicios que creou o mestre Chejov, que foi primeiro actor da compañía do Teatro da Arte, de Moscú, dirixida por Stanislavsky. Michael Chejov era sobrino de Anton, e, ao parecer, un grandísimo actor.
Repartireivos, guiándome polos vosos curriculums, as vosas fotos, e pola miña propia intuición, escenas ou monólogos distintos para cada un. Todos seredes ben recibidos. Non importa a idade nin a experiencia. Todos temos dereito a aprender cousas sobre nós mesmos e a gozar.
Espérovos con alegría.”

Verónica Forqué

NECESIDADES

Tendes que enviar o antes posible o voso CV e un par de fotos vosas para que Verónica reparta os textos que teredes que traer aprendendidos para o obradoiro.

Pd: Traede roupa cómoda e o vestuario e obxectos que pensedes que vos poidan servir para as vosas escenas.

VERÓNICA FORQUÉ

Neta do músico e compositor galego José Vázquez Vigo, é filla do director e produtor José María Forqué e irmá do director Alvaro Forqué e da actriz Carmen Vázquez Vigo.

Estudou Arte Dramática e posteriormente, Psicoloxía. Iníciase no mundo do cine traballando en películas do seu pai a inicios dos setenta, ata chegar a converterse nunha actriz de comedia durante a década dos oitenta, período no que consegue diversos premios Goya.

En 2005 foi membro do xurado no Festival de cine de San Sebastián.

PREMIOS GOYA

Ano Categoría Película Resultado
1992 Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista Kika Gañadora
1989 Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista Bajarse al moro Nomeada
1987 Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista La vida alegre Gañadora
1987 Premio Goya á mejor interpretación feminina secundaria Moros y cristianos Gañadora
1986 Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria El año de las luces Gañadora

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: