
Escrita Creativa
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Obradoiro eminentemente práctico, baseado na escrita individual, e na lectura, de textos propios e alleos, e crítica colectivas. Traballaranse algúns aspectos técnicos, pero darase máis peso á práctica espontánea da escrita, para conseguir convertela nun hábito. En todo momento potenciarase a participación directa dos asistentes, o comentario e o debate dos textos nun ambiente distendido, respectuoso e, aínda así, ambicioso.
PROGRAMA
Formado por tres bloques trimestrais, adaptables en duración ás necesidades/gustos dos participantes, serán tratados de xeito transversal, para maior proveito e desfrute das sesións; pola mesma razón, poderanse engadir ou substituir os puntos que se consideren necesarios. Son os seguintes:
- Bloque 1 – Imaxinar e transpirar:
1.1-Á busca de temas
1.2-Desbloquea a túa escrita
1.3-Cartas, listas e interrogatorios
1.4-Inspiración gráfica
1.5-Reciclaxe de historias
1.6-Hai alguén aí? (escrita automática e outras técnicas)
1.7-A escrita colectiva - Bloque 2 – Recursos e técnicas básicos da narración:
2.1-Punto de partida
2.2-Ritmo da narración
2.3-Adxetivación
2.4-Voz narradora
2.5-Tema, historia e argumento
2.6-Punto de vista
2.7-Creación de escenas
2.8-Creación de personaxes
2.9-Diálogo
2.10-Monólogo interior - Bloque 3 – Empezar a meterse onde cubre:
3.1-Os motivos literarios
3.2-Tipos de narración (desde os contos e as lendas tradicionais, até narracións máis ambiciosas)
3.3-Aspectos e elementos específicos da narración
DOCENTE
Son Carlos Cartoné, editor, co-fundador da editorial independente Irmás Cartoné, e tradutor freelance. Tras máis de 15 anos traballando no sector editorial como revisor, corrector, redactor, lector e até vendedor de libros, trato de compartir a miña experiencia coa escrita.
DESTINATARIAS
Toda persoa que queira escribir pero non saiba como comezar, ou que sinta inseguridade á hora de abordar a creación literaria ou queira coñecer a fondo as técnicas e os elementos básicos da narración… Tamén que xa escriba sen conseguir facelo de xeito habitual, quen non atope a súa voz ou quen sinta que necesita profundar nos seus coñecementos do proceso creativo.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Impresión dos escritos das persoas participantes, dos exercicios semanais e doutros textos.
NECESIDADES
📋 & 🖊 Papel e bolígrafo, ou se prefires, 💻 ordenador portátil.
LABORATORIO PERMANENTE
DESCRICIÓN
Obradoiro centrado na experimentación grupal coa creatividade escrita, na lectura e comentario crítico de obras de diversos autores, coa análise das súas técnicas e os seus mecanismos internos, e no profundamento na escrita propia con miras a un prazo máis longo. Traballaranse aspectos de narratoloxía e teoría literaria, cun enfoque práctico, lúdico e ao mesmo tempo ambicioso.
PROGRAMA
Adaptarase ás peculiaridades das persoas participantes, dando preeminencia en todo momento ao aspecto creativo do laboratorio, polo que se ofrece a título orientador. Consta de tres bloques, cada un deles correspondente a un trimestre:
- Primeiro trimestre (outubro a decembro):
-Argumento e estrutura
-Xeitos de narrar
-Atmosfera - Segundo trimestre (xaneiro a marzo):
-Métodos de caracterizar
-A estrutura mítica para xerar narracións - Terceiro trimestre (abril a xuño):
-Os motivos literarios
-Contaminación ou cruces con outros xéneros
-A delgada liña vermella que separa realidade de ficción
DOCENTE
Son Carlos Cartoné, editor, co-fundador da editorial independente Irmás Cartoné, e tradutor freelance. Tras máis de 15 anos traballando no sector editorial como revisor, corrector, redactor, lector e até vendedor de libros, trato de compartir a miña experiencia coa escrita.
DESTINATARIAS
Dirixido principalmente a persoas que xa participaron no obradoiro de escrita creativa e gustaron do sistema de escrita individual / lectura crítica colectiva. É dicir, persoas que xa escriben, pero aínda non conseguen facelo de xeito habitual ou non atopan a súa voz ou senten que necesitan profundar nos seus coñecementos do proceso creativo.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Copias impresos dos textos propios e das persoas participantes, dos contidos teóricos, dos exercicios e doutros textos que poidan ser interesantes.
NECESIDADES
📋 & 🖊 Papel e bolígrafo, ou se prefires, 💻 ordenador portátil.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.