XORNADAS SOBRE: BLASFEMIA & CENSURA

DESCRICIÓN

Unha blasfemia (do grego βλασφημία: blaptein, “ferir”, e feme, “reputación”) significa etimolóxicamente “palabra ofensiva, lesiva, contumel, burlona“, pero no seu uso estricto e xeralmente aceptado refírese a “ofensa verbal contra a maxestade divina. ‘

Pois iso, disto vai este evento, aínda que ás veces a ofensa non sexa tal nin a maxestade divina tampouco. De poder ou non poder cagarse en “dios” ou amosar pezóns en “instagram” indistintamente.

Pero de paso botaremos unhas risas. Queres asistir?

PROGRAMA

VENRES 19 NOVEMBRO

20:00 ESPECTÁCULO no Museo do Pobo Galego (Salón de Actos)
“ENSAIO SOBRE A BLASFEMIA”.
CON CARLOS SANTIAGO, MARCOS PTT E ALBERTO GUITIÁN. ENTRADAS AQUÍ

A blasfemia existe desde que o mundo é mundo e a nosa especie foi quen de articular palabra. De feito, a primeira palabra foi xa blasfema. Algo que non se podía dicir, foi dito por alguén. Mais a dura conquista da liberdade de expresión parecía ter mandado a blasfemia para a lixeira da historia. Tres alegados blasfemos, o Carlos Santiago, o Marcos Ptt, e o Guitián, convídannos a comprobar que a blasfemia goza aínda de boa saúde.

Ensaio sobre a Blasfemia, un cócktail explosivo de teatro, historia e filosofía, é o primeiro proxecto producido por Unitaria Escena. Foi estreado entre confinamentos e estados de emerxencia anticonstitucionais, para un selecto grupo de espectadoras entusiastas e enmascaradas, e preséntase agora como espectáculo de masas no Museo do Pobo Galego, dentro das I Xornadas sobre Blasfemia e Censura.

SÁBADO 20 NOVEMBRO

11:30 FALADOIRO no Museo do Pobo Galego (Salón de Actos) Entrada libre ata completar aforo

Falaremos de redes sociais e xente ofendida polo que dixo aquel e que deixou de dicir a outra. Hai límites no humor? Estamonos convertendo nunha nova inquisición dende as nosas RRSS?

ALBERTO GUITIÁN. Ilustrador e ilustre blasfemo.
LEANDRO BAREA. Artista totalmente innecesario.
MARÍA VON TOUCEDA. Crítica de arte contemporáneo e escritora.

16:30 FALADOIRO no Museo do Pobo Galego (Salón de Actos) Entrada libre ata completar aforo

España dictou nos últimos anos máis condenas de prisión a artistas que Irán… falaremos de liberdade de expresión, de represalias, de xuízos e do papel dos medios de comunicación que censuran certas ideas, mentres amplifican outras.

HELENA DOMÍNGUEZ. Investigadora e doutora en comunicación e xornalismo.
XOSÉ BOCIXA. Xornalista, músico e videoreporteiro.
HOMO VELAMINE. Colectivo ultrarracionalista.

19:30 NA UNITARIA (Calzada de San Pedro S/N) Entrada libre ata completar aforo
PRESENTACIÓN LIBRO “UN EDIFICIO, UN PROXECTOR E MOITO TEMPO”.

Carlos Santiago
Carlos SantiagoEscritor, poeta, dramaturgo e director escénico.
Fixo parte da xeración de activistas culturais galegos que emerxeu nos anos noventa á volta da Nave de Servizos Artísticos (NASA), em Santiago de Compostela. Integrou, como vocalista e letrista, bandas de rock como Nicho Varullo, a Banda da Nasa ou a Psicofónica de Conxo. É autor de varios libros de poesía e narrrativa.

No seu traballo como dramaturgo e director escénico, que desenvolve tanto na Galiza como en Portugal, colaborou com compañías como Chévere, Trigo Limpo Teatro, A Barraca de Lisboa, O GTN da Universidade Nova de Lisboa, Mofa e Befa, Voadora, Volta e Dálle, Baal 17, Producións Excéntricas ou Teatro Onomatopeia, entre outras, sendo autor de mais de trinta pezas estreadas a un lado e outro do Miño. En 2018, o seu pregón no Entroido compostelán, transfigurado no Apóstolo Santiago, deu pé a un escándalo mediático alentado por varios medios galegos e foi obxecto de denuncia nos tribunais por parte de Avogados Cristianos, sen que a demanda prosperase.

Marcos Ptt
Marcos PttArtista multifacético e polifacturante (resumindo, titiriteiro).
Marcos PTT iniciouse na Universidade da Sala Nasa, actuando en Ultranoites, e formando parte do colectivo de circo Pistacatro.

De aí trasladouse a Barcelona, onde aprendeu o oficio de titiriteiro e fundou con Ezra Moreno a compañía O Retrete de Dorian Gray, coa que visitou xa máis de 20 países.
Actualmente, xa de volta en Compostela, compaxina traballos de dirección de escena, coa creación sonora (O audiopaseo San Pedro: Manual de instrucións, ou o formato Fiot Fónico son dous exemplos) e o activismo de barrio, co Colectivo Galiza Emocional.

Traballou para compañías como Chévere, Pistacatro, Producións Excéntricas ou Voadora, e atopou na Unitaria unha casa na que poder volver a facer gamberradas coma o Ensaio sobre a Blasfemia e as presentes xornadas.

Pese a ser un pringado sen fama ou autoridade no contubernio das industrias culturais, o seu nome xa saíu citado dúas veces no ABC por formar parte de escuros negocios da alianza progre-bolivariana-comunista, que pese aos seus esforzos, non conseguíu sacalo da pobreza. Que se lle vai facer, seguiremos tentándoo.

Alberto Guitián
Alberto Guitián Ilustrador e ilustre blasfemo.
Ilustrador e grafista lugués. Estudou Belas Artes en Pontevedra, onde comezou a publicar en fanzines e revistas de BD.

Ten colaborado en revistas satíricas como Mongolia, El Jueves, O Botafumeiro ou Retranca. É autor dos álbumes Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, e El Circo Lorza (Dibbuks, 2011). Participou nas longametraxes Chico y Rita (F. Trueba e Mariscal, 2010) e Psiconautas (Alberto Vázquez, 2016), ambas gañadoras do Goya á mellor longa animada. Imparte obradoiros de debuxo e BD e coordinou a Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ilustra portadas, produto, libros e carteis. O seu cartaz para o entroido da Coruña 2017 foi obxecto de polémica mediática e tachado de “ofensivo” entre os sectores conservadores.

Leandro Barea
Leandro BareaArtista totalmente innecesario.
Ilustrador en prensa e en revistas satíricas ata 2013.
Blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah
Dende esa data usa as redes como xeito de difusión do seu traballo.
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah blah blah blah
Algo de arte urbana,
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah
algo de muralismo
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah
e moita ilustración e o que fai agora.
blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah blah
blah blah blah blah blah blah
María von Touceda
María von ToucedaCrítica de arte contemporáneo e escritora.
María von Touceda é crítica e escritora de Arte Contemporánea. Licenciada en Historia da Arte pola USC, realizou os seus estudos na Facultade de Filosofía da mesma universidade, así como un Máster en Crítica e Museoloxía e un Posgrao en Escritura Creativa. Colabora nas revistas Cáñamo e Elemental. Tamén escribe textos para artistas e exposicións como freelance. Publicou dúas novelas onde, entre outras temáticas, a arte, o sexo e as drogas teñen un gran peso narrativo.
Helena Domínguez
Helena Domínguez Investigadora e doutora en comunicación e xornalismo.
Licenciada en Ciencias da Información e Doutora en Comunicación e Xornalismo pola USC, cunha tese sobre a construción do conflito político na prensa galega.
Exerceu o xornalismo en Santiago de Compostela, Barcelona, Pontevedra e Lugo, entre outras cidades. Tras este periplo vital no mundo da comunicación, en 2018 iniciou outro dedicado á docencia da lingua galega no ensino Secundario.

Asentada na súa vila natal, a Illa de Arousa, é investigadora independente. Os seus temas de interese son os movementos sociais, o nacionalismo galego e os medios de comunicación alternativos, sempre desde un enfoque crítico.

En 2020 pubicou o seu libro A construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega coa editorial Axóuxere. A través da análise da cobertura do fenómeno Resistencia Galega, Helena Domínguez fai unha radiografía da prensa galega dominante e pon ao descuberto as conexións que mantén co poder político conservador, unha alianza que terxiversa e condena ao ostracismo calquera idea de Galicia que non encaixe coa visión do poder centralista español.

Xosé Bocixa
Xosé BocixaXornalista, músico e videoreporteiro.
Músico, xornalista, realizador audiovisual, e vocalista da banda de rock Zënzar. Como xornalista, traballou en RTV Cerceda e A Nosa Terra Dixital. Colaborou na revista Tempos Novos e en medios como Praza Pública ou Galicia Confidencial e outros medios especializados en música. Na actualidade colabora con Nós Televisión realizando reportaxes sobre temáticas sociais como as agresións ao medio ambiente e ao territorio.

Fortemente comprometido cos movementos sociais desde novo, foi obxecto de censura en varias ocasións, e mesmo debeu por fin a dezaseis anos de traballo na radio por este motivo.

É autor de documentais como “As Encrobas. A ceo aberto” ,no que tratou a loita dos veciños das Encrobas encabezadas polo cura Moncho Valcárcel nos anos setenta contra as expropiacións que precederon á instalación da Central Térmica de Meirama; “A Nosa Terra 1907-2007”, sobre o centenario da publicación da histórica cabeceira galega, ou “Universo Blanco Amor” sobre a figura do intelectual galego, entre outros traballos sempre vencellados aos conflictos socias do país.

Anónimo García
Anónimo García Do colectivo Homo Velamine. Colectivo ultrarracionalista.
Expoñente da culture jamming no estado español, en loita “contra a certeza en todas as suas formas, degradando todo acto semiótico autocompracente que cheire a puritanismo e autoindulxencia”. A súa actividade engloba os “garbeos” polas cidades, tertulias, publicacións e actos ultrarracionalistas que teñen por obxectivo desenmascarar os comportamentos sociais ultrarracionais, isto é, que van máis alá da razón e obedecen a lóxicas irreductíbeis á simple razón. Inimigos de todo dogma, as súas accións alimentan o pánico e a confusión contra o enrocamento mental do Pobo.

En 2018, a acción intitulada Tour de la Manada, evidenciou a falsidade e o canibalismo dos medios de comunicación dominantes, o que lles valeu unha condena a 18 meses de prisión e multa de 15000 €.