
Expresión Dramática
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Entraremos en contacto ca expresión dramática desde a creación individual e colectiva co obxectivo principal de 🎭 aprender e desfrutar do feito teatral
PROGRAMA
O camiño ó desenrolo libre da creatividade pasa por un maior coñecemento de nós mesmos, pola comprensión do noso corpo como un elemento aglutinador de distintas realidades, emocionais e físicas, e como vehículo de comunicación. No obradoiro proporcionaremos as ferramentas precisas para expulsar esa creatividade fóra a través do feito teatral.
- Improvisación.
- Creación de personaxes.
- Análise de textos teatrais.
- Achegamento á escritura dramática.
- Creación de escenas .
- Presentacións de traballos abertos a público.
-
Teoría e técnica teatral.
-
Actuación ante a cámara.
E todo o que vaia xurdindo, sen limitarnos.
DOCENTE: SANDRA LESTA
Levo 16 anos formando alumnos de tódalas idades en teatro. Son profesora e directora da Escola Municipal de Teatro de Negreira, autora de obras teatrais coas que recibín diferentes premios nas categoría infantil e xuvenil no Certame Provincial da Coruña e guionista de varios proxectos. Dirixo varios grupos de teatro aficionado que é onde mellor o paso.
DESTINATARIAS
Todas aquelas persoas que desexan un achegamento ó código teatral dende a non profesionalidade.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Fotocopias con textos.
NECESIDADES
Roupa Cómoda.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.