TI vs. UN FOLIO EN BRANCO

  • Impartido por: Hugo Clemente (Salamanca)

  • Nivel: Inciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 8

  • Cuota de inscrición: 80€

  • Datas: 12 de marzo de 2022.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN

Obradoiro participativo para fomentar a escritura a través do relato onde se comeza a narrar compartindo inquietudes e soidades derivadas de enfrontarse á temida páxina en branco.

PROGRAMA

-Exercicios para evitar o bloqueo do escritor/a e estimular a imaxinación.

-Técnicas narrativas.

-Práctica coa que crear a semente da historia para desenvolver durante o obradoiro.

-Análise dos distintos compoñentes da historia: argumento, personaxes, temática e voz narrativa.

-Aplicación da análise no desenvolvemento da nosa historia.

-Comunicación do material xurdido ao longo do obradoiro.

-Seguimento por correo electrónico (en 3 datas acordadas ao longo dun mes) da evolución e desenvolvemento dos relatos dos asistentes ao obradoiro.

DOCENTE: Hugo Clemente

Nado en Salamanca. Licenciado en psicoloxía social e máster en ensino do español como lingua estranxeira E/LE, impartín clases de español e estudos culturais no Boston College, Boston University, Tufts University e a Universidade de Santiago de Compostela. Coordinei a Escola Canaria de Creación Literaria. Imparte obradoiros de escritura creativa en diferentes cidades españolas, Nova York, Boston e Stamsund (Noruega). Cuaderno de Agua (2012), a miña primeira novela -de temática surfista- agotou a súa terceira edición e foi traducida e publicada como Water Log (2018) nos EUA; Fast (2019) é a miña segunda novela.

Finalista do primeiro Campionato de Improvisación Literaria celebrado en España, Lucha Libro (Baile del Sol. 2013). As miñas historias tamén apareceron noutras coleccións como PervertiDos (Editorial Traspiés. 2014), Los Bárbaros ou Ménades: invitación á euforia (La Piscina Editorial-Keroxen. 2015). Ponente sobre literatura e surf en festivais como Periplo, Canarias Surf Film Festival, Madrid Surf Film Festival, Taui Sopelana Surf e October Surf Fest. Colaborei con diversos medios como International Journal of Iberian Studies, Mondo Sonoro (onde inicio a sección Xtremondo na que as culturas do surf e do skate dialogan con outras manifestacións culturais), ou 3sesenta. Tamén fun editor en Quantum Prose Press. Actualmente dedícome á creación e produción de contidos, estou rematando un libro de contos e sigo patinando e surfeando.

DESTINATARIAS

Persoas que queiran escribir, interesadas en coñecer máis de preto o proceso creativo da narración e dispostas a compartir o escrito con outras persoas.

NECESIDADES

Ordenador portátil ou tablet ou papel e bolígrafo.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!