PRODUCIÓN ARTÍSTICA

  • Impartido por: José Díaz

  • Duración: 8 horas

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Cuota de inscrición: 95€

  • Datas: 29 OU 30 de outubro de 2022

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

A produción é a grande esquecida na ensinanza artística. A maioría dxs artistas descoñecen os aspectos dos que se encarga a produción, as súas ferramentas e como usalas para facer mellor arte. Este descoñecemento provoca unha enorme desidia á hora de enfrontar as tarefas diarias que implican levar un proxecto artístico adiante. Ademáis, unha mala produción pode provocar non só que o produto resultante sexa peor, senón que o proceso sexa frustrante, estresante, que nos falten horas do día, teñamos problemas co equipo, non den as contas e acabemos traballando gratis ou que a nosa arte non chegue ao público ao que vai destinada.

Neste obradoiro faremos un achegamento ao mundo da produción artística e descubriremos, por un lado, que sen produción non existe arte, e polo outro, que cun mínimo dominio dos conceptos e ferramentas de produción poderemos mellorar QUÉ facemos e, sobre todo, CÓMO o facemos.

PROGRAMA

  • Conceptos previos: O cadro empeza a pintarse o día que mercas os pinceis
  • Arte = Ideación + Materialización
  • Obxectivos e estratexias de produción
  • Equilibrio entre o QUÉ e o CÓMO
  • Ética na produción: xestión do poder
  • Fases da produción: Qué facer en cada momento
  • O trapecio máxico: información, tempo, recursos e ilusión
  • A xestión da información: as 5 W
  • A xestión do tempo: equilibrio do longo e curto prazo
  • A xestión dos recursos: un mundo máis alá das subvencións
  • A xestión da ilusión: colegas, autocoidado e precariedade
  • Plan de financiamento
  • Búsqueda de complicidades: O pitching
  • Búsqueda de complicidades: O dossier
  • Residencias artísticas: Vantaxes e posibilidades
  • O orzamento
  • Experiencias prácticas. Análise da produción dalgúns proxectos propios: “A amnesia de Clío” (ópera), “Garage” (teatro comunitario), “O soño dunha noite de verán” (teatro de compañía).

DOCENTE: JOSÉ DÍAZ

José Díaz. Produtor artístico e creador. Produtor da compañía Voadora onde tamén foi dramaturgo, intérprete, músico e realizador. Desde estructuras propias ou como freelance ten producido para o Teatro Real, Centro Dramático Nacional, Teatro Nacional Sao Joao, Teatro Lliure, MA Scène Nationale – Pays de Montbeliard, Centro Dramático Galego e Teatro Español entre outros. Ainda que centrado no teatro contemporáneo nos últimos 25 anos ten producido ópera, circo, danza, cine, ficción para tv, animación, publicidade, videoclips, divulgativos, galas de tv e festivais de rúa, o que lle permite ter unha ampla visión da labor da produción e o seu papel na creación artística. Na súa carreira destaca a construción de pontes entre institucións e artistas fomentando a investigación e o risco.

https://www.voadora.es/jose-diaz

DESTINATARIAS

Artistas de toda índole con vontade de levar a cabo proxectos propios, especialmente das disciplinas que implican un equipo (escénicas e audiovisuais). Tamén a todas as persoas que se adican voluntaria ou involuntariamente á produción e desexen ordenar conceptos, reconectar co oficio, reflexionar sobre as posibilidades da súa profesión ou extraer novas ideas a partir da miña experiencia.

NECESIDADES

Papel, boli (ou equivalentes) e moitas ganas de facer mellor arte.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: