
A VIDA EN VERSO (E PROSA)
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
O verso ofrece múltiples posibilidades de ser traballado e abre camiños de busca para poder abordar calquera outro tipo de textos con maior liberdade e con máis ferramentas.
Despois de anos de pescuda arredor do traballo textual, seguimos pensando que a relación coa palabra segue sendo un cabalo de batalla para moites profesionais de diversas áreas.
Comentan tanto Cicely Berry como Vicente Fuentes que as verbas están vivas cando pasan a se converter en acción, cando traspasan a fronteira do papel para tomar vida e corpo.
Tratamos de aproveitar aqueles mecanismos que na vida resultan tan espontáneos para poñelos ao servizo da escena, para naturalizar aqueles textos que quizais nos poidan resultar complexos ou excesivamente literarios.
Por que non facelo a través do xogo? Reconquistemos espazos que nos permitan respirar e, en definitiva, ser, en maior liberdade. Fagámolo xuntes, probando e experimentando con diversas dinámicas que nos permitan poñernos en situacións variadas e inesperadas. Démoslle cabida á diversión, á sorpresa nas nosas vidas, e fagámolo en comunidade, servíndonos do marabilloso poder que ten a palabra para descubrir e nomear novos mundos e realidades.
PROGRAMA
• O exercicio da imaxinación como motor fundamental da creación
• A imaxe como ferramenta indispensable á hora de emitir un texto
• A conexión corpo – voz para expremer a palabra
• Os parámetros expresivos da fala
• A palabra en acción
DOCENTE: Melania Cruz
Entra en contacto co mundo da interpretación da man de Marga Portomeñe e posteriormente, ao tempo que remata Maxisterio por Lingua Estranxeira, cursa cinco anos na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo ata que decide especializarse en Interpretación Textual na ESAD de Galicia e realiza un Posgrao en Pedagoxía Teatral pola Universidade de Vigo. Continúa formándose con distintos profesionais como Vicente Fuentes, Marianella Morena, Jeremy James, Cristina Domínguez, Nir de Volff, Laila Ripoll, Blandine Callais, Alfredo Sanzol, Verónica Forqué, Gracia Querejeta ou Falk Richter. Cofundadora da compañía A Quinta do Cuadrante, traballa como actriz en distintas compañías (ilMaquinario Teatro, 611 Teatro, Excéntricas, CDG, Teatro de Adro, Escénate, Ainé) e como pedagoga teatral en diversos colectivos e institucións. Debuta en audiovisual no filme A Esmorga. Protagoniza DHOGS, Contou Rosalía, Arima, Ons e Malencolía, e participa en Sicixia, Trote e María Solinha. Traballa en series como Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba, Viradeira, A Estiba, Operación Marea Negra ou Now and then.
En 2016 recibe o premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista por Xardín Suspenso, en 2018 o Mestre Mateo a Mellor Actriz Protagonista por DHOGS, en 2019 o Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto por Trote, en 2020 o Premio Cinema Galego do FICBUEU á súa traxectoria profesional e en 2021 o Mestre Mateo a Mellor Actriz Protagonista por Ons.
DESTINATARIAS
Intérpretes -profesionales o amateurs-, directoras/es, dramaturgas/os, docentes e toda persoa interesada no traballo de interpretación con verso e prosa.
NECESIDADES
Roupa cómoda, botella de auga, lapis / boli, caderno e ganas de compartir aprendizaxes.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.