
LED LAB
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste curso coñeceremos o proceso de creación e execución de espectáculos en directo asi como o funcionamento de fontes de luz led. Tomando como punto de partida casos reais, este curso analizará diferentes situacións que servirán como excusa para afondar en diferentes aspectos relacionados coa iluminación artística.
PROGRAMA
– Procesos de creación de espectáculos interdisciplinares, desenvolvemento e resolución técnica
– Referentes: onde buscar?
– Iluminación aplicada á arte instalativa
– Dispositivos de Interactividade. Introducción ao TouchDesigner.
– Introducción á realización de video en directo
– Diálogo video-luz. Introducción a Resolume
Luz y proyecciones en el ámbito audiovisual
– Dispositivos externos: cámaras, controladoras, dispositivos MIDI, dispositivos de conducción (bare conductive, makey makey)
– Sincronismo con Audio: BPM, frecuencias, timecode, MIDI, curvas de animación
– Fontes de luz para entornos escénicos: Tiras led/neón / tipoloxías /fontes de alimentación/controladoras DMX/ indice IP
– Cálculos básicos para la instalación de tiras led
– Pixel Mapping: fixtures, principios básicos (distribución de pixels, preparación de videos, manexo básico en Resolume)
DOCENTE: Laura Iturralde
Deseñadora de iluminación, visualista e coordinadora artística para espectáculos en directo. Desenvolve a súa actividade con diversas compañías, artistas e proxectos relacionados coa música, teatro, danza, audiovisual ou arte instalativa.
DESTINATARIAS
Persoas interesadas na luz como linguaxe narrativo ou medio de expresión artística.
Persoas interesadas na iluminación escénica.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Proxectores, materiais experimentación.
NECESIDADES
Cada alumnx deberá traer o seu propio equipo portátil co Resolume (versión Demo) instalado e Software TouchDesigner (versión gratuíta)
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.