
INTRODUCIÓN Á PIZZA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste curso descubrirás como elaborar a mellor pizza italiana na túa casa. Aprenderás todos os procesos relacionados con ela, desde a elaboración da masa, a fermentación, o formado, o enfornado así como o uso dos mellores ingredientes. Ademais de levar 3 bases de pizza para casa, degustarás as que ti mesmo fagas no curso… pero a iso non haberá que ensinarche.
PROGRAMA
- Elaboración da masa de pizza. Que fariña debo usar? Como amaso? Cales son as cantidades?
- Pizza con levadura ou prefermento biga. Que é un prefermento? Cal é mellor? Como obter os mellores resultados?
- Fermentación método directo ou indirecto. En que consisten? Cal se adapta mellor a min? Como son os resultados?
- Formado da pizza. Cal é o método profesional para formala? Tipos de mozzarella, salsa de tomate e resto de ingredientes perfectos para elaborar a mellor pizza caseira.
- Enfornado. Como enfornar a pizza na casa para obter o mellor resultado. Pizza napoletana vs pizza romana.
Durante o curso respostaremos a todas esas preguntas e moitas máis. Comezaremos dividindo e formando unha masa xa preparada que será a que faremos ao final do curso nun forno profesional que chega aos 500 grados centígrados. Ademais cada un dos alumnos fará a súa propia masa desde 0 para continuar a fermentar na casa e poder facer no seu forno. Cada alumno formará unha pizza con diferentes ingredientes que degustará ao final do curso. - Pizzas que se van facer: pizza margarita, pizza de pesto, pizza de serrano e rúcula, pizza de queixo do país e chicharróns, pizza 4 queixos, pizza falso pepperoni, pizza bianca con touciño, pizza manakeesh libanesa, pizza bianca con burrata.
DOCENTE: Edu Lavandeira
Realizador e creativo audiovisual apaixonado da gastronomía. Creador das series documentais gastronómicas Maestros del Pan e Bomberos Cocineros (Canal Cocina 2021-2022). A través do seu perfil en Instagram @opelouro divulga e comparte receitas e trucos para elaborar pan, pizzas e todo tipo de masas na casa.
DESTINATARIAS
Amantes da gastronomía, da cociña, da pizza e das masas. Non é necesario ter coñecementos previos ningúns.
NECESIDADES
Debes traer un delantal ou roupa que non te importe manchar e un par de tuppers (1 litro aprox)
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.