S.E.O. E INTELIXENCIA ARTIFICIAL SEN MEDO

  • Impartido por: Saúl Vérez

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 8h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

  • N.º de prazas: 16

  • Prezo: 70€

  • Datas: sábado 7 de outubro de 2023

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste obradoiro de SEO e Intelixencia Artificial está deseñado para persoas que desexan aprender e aplicar as técnicas fundamentais do SEO, xunto co uso innovador da Intelixencia Artificial, para mellorar a visibilidade do seu sitio web e alcanzar mellores posicións nos motores de busca.

SEO é a sigla para Search Engine Optimization, que significa “optimización para motores de busca“. Consiste nunha serie de técnicas, disciplinas e estratexias de optimización que se implementan nas páxinas dun sitio web ou blog para mellorar o seu posicionamento nos buscadores.

PROGRAMA

  • Módulo 1: Introdución ao SEO e a Intelixencia Artificial (Duración: 1 hora)
    – Que é o SEO e por que é importante para o teu sitio web?
    – Que é a Intelixencia Artificial e como se aplica ao SEO?
    – A relación entre SEO e IA: Beneficios e oportunidades.
  • Módulo 2: Conceptos Fundamentais de SEO (Duración: 1 hora)
    – Palabras clave: Como escoller as adecuadas para o teu sitio web.
    – Optimización On-Page: Mellorando a estrutura e o contido.
    – Optimización Off-Page: Estratexias de construción de enlaces e autoridade.
  • Módulo 3: Ferramentas de SEO e Intelixencia Artificial (Duración: 1 hora)
    – Ferramentas esenciais para investigar palabras clave.
    – Uso de ferramentas de análise de sitios web para optimización.
    – Ferramentas de IA aplicadas ao SEO: Análise de competencia, detección de tendencias, etc.
  • Módulo 4: Estratexias Innovadoras para Mellorar o teu Sitio Web (Duración: 1.5 horas)
    – Uso de datos estruturados e enriquecidos para destacar nos resultados de busca.
    – Personalización da experiencia do usuario con IA e SEO.
    – Estratexias avanzadas de SEO baseadas en Machine Learning.
  • Módulo 5: Práctica e Casos de Estudo (Duración: 1.5 horas)
    – Análise de sitios web en vivo: Identificando oportunidades de mellora.
    – Estudo de casos de éxito na aplicación de SEO e intelixencia artificial.
    – Exercicios prácticos: Aplicando as estratexias aprendidas no teu propio sitio web.
  • Módulo 6: Futuro do SEO e Intelixencia Artificial (Duración: 1 hora)
    – Tendencias e predicións para o futuro do SEO e a IA.
    – Como manterche actualizado nun entorno en constante evolución.
    – Recursos e comunidades para seguir aprendendo despois do obradoiro.

DOCENTE: Saúl Vérez

Son un entusiasta e optimista que atopa a súa plenitude no mundo do marketing dixital e posicionamento web. Neste obradoiro enfrontaremos xuntos novos desafios e oportunidades para mellorar o teu negocio dixital.
https://www.saulverez.com
TikTok: https://www.tiktok.com/@saulverezcom
Instagram: https://www.instagram.com/saulverez/
Linkedin: https://www.linkedin.com/in/saulverezweb/

DESTINATARIAS

Dirixido a persoas con coñecementos básicos ou intermedios en SEO e Intelixencia Artificial que desexan mellorar a visibilidade e o rendemento dos seus sitios web, independentemente do seu sector ou idade.

NECESIDADES

Necesitarás un portatil e unha conta creada de Gmail para poder acceder a certas ferramentas de Google.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: