
INICIACIÓN Á PERFORMANCE
INSCRICIÓN: un correo cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Este obradoiro parte da concepción da performance como manifestación artística, que se caracteriza polo cruce e hibridación de linguaxes expresivas levadas á escena. Empregaranse distintas técnicas e exercicios onde se verán implicados o corpo, a palabra e outras disciplinas artísticas coma a música ou a pintura, dependendo dos intereses concretos das persoas asistentes ao obradoiro.
Incentivarase a busca e a experimentación de diferentes recursos expresivos a través da práctica e o proceso creativo, desenvolvendo un ou varios proxectos de carácter individual ou colectivo, asustándonos sempre ás preferencias e necesidades do conxunto do grupo.
Finalizarase cunha mostra aberta na que non é obrigatorio participar, pero si recomendable, xa que para que a performance se materialice, precisamos dun público que a observe.
DOCENTE: Constance Hurlé
Performer, bailarina, escritora e todo aquilo que teña que ver coa expresión artística no amplo sentido do termo. Desenvolve os seus proxectos escénicos coa compañía Constance Hurlé. Funda recentemente Hurlé Prods., xestionando proxectos propios e alleos. Produtora e directora de Ghastas Pista swing project.
Autora dos poemarios b/i/c/m.o.r.d.i.d.o, “Hacia la luz: poesía, sonido, imagen” e “DSM ou Disfraz de Tigre”. E un longo etcétera de actividades en torno da cultura e as artes vivas.
DESTINATARIAS
Calquera persoa que quera experimentar a performance ou iniciar un contacto coas artes escénicas. Aberto tamén a persoas con experiencia no sector.
NECESIDADES
Roupa cómoda e material para a mostra final (se procede).
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.