DANZAR Á MÁSCARA

  • Impartido por: Estefanía Montero Moreno e Daniel Lezso

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 4h

  • Horario:

    TURNO DE MAÑÁ: de 10:00h a 14:00h

     

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 55€

  • Datas: sábado 10 de febreiro de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

A danza como medio de expresión corporal e creativo xoga cun elemento máxico que é a máscara, obxecto cultural que representa e esconde tanto os nosos medos, como saca a relucir aspectos da nosa personalidade que só aparecen detrás deste obxecto. Crearemos a nosa propia máscara empregando materiais reciclados plasmando neste elemento o que cada corpo precise danzar e expresar libremente.

PROGRAMA

Estrutura do obradoiro:

1.Presentación

-Cultura das máscaras na sociedade.
-O arte de traballar con materiais en desuso.
-O corpo como medio de expresión: danzar unha máscara

2.Introducción ao movemento (Relación co noso corpo individual e colectivo).

-Quecemento
-Bailar sen máscara: improvisación individual
-Dinámicas de xogo por parellas e grupais. Explorar o noso movemento e a exposición da propia personalidade de cada un.

3.Elaboración das máscaras

-Individualmente traballaremos a nosa máscara en relación aos materiais aportados.

4.Baile de máscaras.

Observaremos como condiciona a máscara a maneira de moverse. Estableceremos a relación que temos co obxecto creado e observaremos como darlle vida ao mesmo; cales serían os movementos que faría o corpo con esa máscara?

5.Peche.

Como acto final, faremos unha jam de danza onde os participantes poderán explorar tanto a súa danza individual como colectiva.

Obxectivo do obradoiro:

-Fomentar a creatividade mediante a práctica plástica na elaboración do noso propio atrezzo. A máscara en sí é un elemento con gran forza simbólica, igual que o material co a que se fabrica. Usaremos materiais cotiáns, próximos a nos, que nos identifiquen, ou non, pero culturalmente representativos, como poden ser os plásticos, ou cualquer material de uso predominante neste momento.

-Entender a danza dende un punto de vista persoal e liberarse da complexidade coa que se asocia normalmente. Achegar este arte como algo beneficioso e realizable para persoas non profesionais con inquietudes relacionadas co corpo e o movemento expresivo.

-Aproveitar a práctica para disfrutar, liberarnos e aprender a escoitar o noso corpo. Sobretodo tratase dun obra
doiro experimental, onde non aprenderás contidos sen máis, se non que o desfrute e desenrolo dos mesmos sirvan coma un fin, e por suposto te axuden con oturas prácticas similares, ou inicialas pola túa conta.

DOCENTES: Estefanía Montero Moreno e Daniel Lezso

DANIEL LEZSO
Gradúase en 2013 en Arte Dramático na escola de teatro Santart de Santiago de Compostela. Ao mesmo tempo estuda un grao en Lingua e Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela (USC); paralelamente inicia a súa formación en danza contemporánea a través do Espazo de Danza da USC, (2013-2016). Continua a súa formación como bailarín en Barcelona (2018-2020) na escola Varium Espai de Moviment. Durante a súa estancia en Cataluña, formase en distintas técnicas de danza contemporánea e interpretación da man de profesionais como Nadine Gerspacher, Nicola Ricchini ou Hannes Langolf. No 2021 adquire o título de profesor de ioga en Almazen de Yoga (Santiago de Compostela). Actualmente traballa como profesor de ioga na Escola Unitaria. Sigue desenrolando seu traballo en solitario como bailarín, ademais de colaborar noutros proxectos paralelos.

ESTEFANÍA MONTERO MORENO
Licenciada na facultade de Belas Artes de Castilla la Mancha, Cuenca, 2008, durante os seus anos de carreira realiza diferentes estancias en países como México ou República Checa onde adquire diferentes puntos de vista cultural e artisticamente. O 2009 adquire o Certificado de Aptitude Pedagóxica na Universidade de Granada. En 2010 realiza unha bolsa Leonardo Da Vinci en Alemania, onde colabora co colectivo artístico Icollective Berlin. En 2012 realiza un Master de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual na facultade de Belas Artes de Vigo,Pontevedra. Traballa de forma independente como artista plástica, realiza obradoiros en espazos alternativos e colexios. A súa temática artística comeza a enfocarse cara a natureza e actividades respectuosas co medioambiente. Por iso fórmase como Educadora Ambiental en 2023, na Coruña. Actualmente traballa de forma independente, ofrecendo obradoiros artísticos en diferentes ámbitos e colabora en proxectos onde poder seguir ampliando coñecementos que enriquezan o seu traballo.

DESTINATARIAS

Todas aquelas persoas interesadas en explorar a súa creatividade (a partir de 13 anos).

MATERIAL INCLUÍDO

Todo o mateiral preciso para realizar a máscara. Base de máscara, pinturas, accesorios, ferramentas para cortar, pegar, plantillas e exemplos.

NECESIDADES

As participantes poderán aportar algún elemento persoal que se poida engadir a máscara e darlle maior simbolismo e personalidade a mesma. E sobretodo vir con ganas e deixarse sorprender.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: