DA FOLIADA Á RAVE

  • Impartido por: Nacho Muñoz

  • Duración: 6h

  • Horario: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

     

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 60€

  • Datas: sábado 17 de febreiro de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Espazo de creación sonora onde achegarmos a lugares comúns presentes nas foliadas e raves, trances colectivos inducidos principalmente mediante a música, o
canto e o baile.

PROGRAMA

  • Partindo tanto de músicas tradicionais como electrónicas, reformularemos elementos básicos como harmonía, acordes, melodías, notas o ritmos, misturándoos con conceptos como superposicións, texturas, sucesións, frecuencias, repeticións ou modulacións.
  • Experimentaremos procesos sonoros electrónicos (drones, loops, ambientes, noise, filtros) con instrumentos convencionais e á inversa: faremos melodías, ritmos e acordes con diferentes trebellos electrónicos.
  • Organizaremos e gravaremos unha “raveada” fin de taller cos materiais sonoros creados no obradoiro.

DOCENTE: Nacho Muñoz

Membro de Igmig e Nacho Faia Lar, traballou como produtor de Uxia Senlle, Mercedes Peón ou Ecléctica Ensemble, proxectos pioneiros na fusión de música electrónica coa tradicional galega.
@_sonicparkour_

DESTINATARIAS

Músics, aficionads á música e interesads na creación sonora colectiva que canten ou toquen algún instrumento e desexen coñecer máis a fondo as músicas tradicionais e as electrónicas.

MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO

Computadora con software de edición (Ableton, Fl, Cubase, Pure Data, Max Msp)
Looper
Procesador de efectos
Controladora Midi
Sintetizadores
Trebellos electrónicos varios
(nada disto poderánno levar pra casa:-)

NECESIDADES

Voces, corpos
Instrumentos electrónicos (portátil, sintes, teclados, móbiles,controladoras Midi…)
Instrumentos tradicionais (pandeiretas, gaitas, zanfonas, sachos, fouces, birimbaus, chiflos…)
Instrumentos convencionais (guitarra, baixo, cordas, ventos..)
Calqueira trebello capaz de emitir son!

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: