
CULTIVAR COGOMELOS COMESTÍBEIS E MEDICINAIS NA CASA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste curso, imos ensinarche a cultivar diferentes tipos de fungos na casa, que poderán ser usados para alimentación, reciclaxe, medicina etc.
Farémolo de xeito ecolóxico, buscando transformar resíduos en alimento e beneficios para nós e para a nosa terra.
Consiste nun curso teórico-prático de nivel de iniciación.
Ademais do coñecemento, co este curso levarás contigo:
- Un cultivo biolóxico de Pleurotus Ostreatus (cogomelo ostra);
- Cultura líquida inoculada de Lentinula edodes (cogomelos shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelos melena de león);
- Gran de cereal inoculado de Lentinula edodes (cogomelos shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelos melena de león);
- Substrato inoculado de Lentinula edodes (cogomelos shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelos melena de león).
PROGRAMA
1. O mundo dos fungos
1.1. Clasificación e bioloxía dos fungos.
1.2. As diferentes contribucións dos fungos para mellorar o noso benestar e o medioambiente.
2. Cultivo caseiro de cogomelos
2.1. Os cogomelos que poden ser cultivados e técnicas xerais de cultivo.
2.2. Como empezar a cultivar fungos na casa: os materiais necesarios e as diferentes técnicas.
2.3. Técnicas de cultivo de cogomelos nun ambiente non esterilizado:
– Cultivo biolóxico de Pleurotus ostreatus (cogomelos ostra).
2.4. Condicións necesarias para empezar a utilizar técnicas de produción de cogomelos máis avanzadas e nun ambiente esterilizado:
– Inoculação de grans e de substrato con Lentinula edodes (cogomelos shiitake) e Hericium erinaceus(cogomelos melena de león);
– Indución e frutificación;
– Colleita.
3. O que se pode facer cos diferentes cogomelos cultivados
DOCENTE: Ellis Burleigh
Apaixonado pola vida dos fungos, Ellis é un recolector e fungicultor, cofundador do proxecto MicoCultores. Co este proxecto pretende desenvolver o seu traballo en tres áreas:
- Sensibilización sobre a importancia dos fungos para os ecosistemas e os humanos;
- Formación sobre identificación, recolla, cultivo, preservación e preparación culinaria de fungos;
- Intervención no medio ambiente e comunitario, a través da creación dunha rede cooperativa de micocultores.
Se estás interesado(a) en coñecer o seu traballo ou en formar parte desta misión, podes seguilo nas redes sociais.
Instagram: https://www.instagram.com/micocultores/
Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=61555030066820
DESTINATARIAS
Calquera persoa interesada en saber máis sobre o mundo dos fungos e o cultivo doméstico de cogomelos. Non é necesario ter coñecementos previos.
MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO
Todos os materiais necesarios para o curso están incluídos.
NECESIDADES
Trae ganas para participar na revolución dos fungos!
Se tes frascos na casa dos que che queres desfacer, aceitamos doacións.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.