A IMAXE COMO ESPELLO

  • Impartido por: Aroa Martínez

  • Duración: 12h

  • Horario: de 16:00h a 20:00h o venres, e de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h o sábado

  • N.º de prazas: 10

  • Prezo: 80€

  • Data: venres 3 e sábado 4 de maio de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

OBXECTIVO DO OBRADOIRO

Centrarse nas nosas emocións e crear xuntos o noso propio proxecto. Promover e darlle valor ás fotografías que sacamos da nosa historia persoal, a poder observar e transformar a nosa mirada, pasar polo noso espello.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Promover e darlle valor ás fotografías que sacamos das nosas experiencias. Observar e transformar a nosa mirada sobre o mundo que nos rodea e sobre as cousas que
nos pasan.

PROGRAMA

Este obradoiro xorde como resultado do proxecto Verónica a través do espello. As opinións e reflexións poranse sobre a mesa persoal, e xeraranse diversas dinámicas e actividades. A dinámica será a través de fichas con imaxes e prácticas de exercicios que se proporán para chegar a distintos lugares.
Crearemos un pequeno arquivo común fotográfico
que nos sirva como pequeno proxecto no que o grupo poida expresarse, conectar, invocar o seu imaxinario e mostrar a súa propia mirada introspectiva. O grupo escollerá as fotografías que formarán parte para finalmente levalo á creación dun fanzine sobre o tema do que estemos a falar (album familiar, identidade, transformar a realidade, a mirada, a proxección, etc).
Finalmente, o proxecto exporáse virtualmente nas redes e web e o colectivo poderá explicar a qué lugares os levou a imaxe neste obradoiro.

DOCENTE: Aroa Martínez

Chámome Aroa e son fotógrafa e facilitadora visual. Diferentes experiencias fotográficas formaron parte da miña vida, do meu traballo e da miña continua aprendizaxe. Leven a cabo obradoiros de fotografía en distintos lugares da península, colaborei con diferentes publicacións, participei en exposicións individuais e colectivas, e desenvolvín varios proxectos relacionados coa fotografía de prensa e a cultura e a natureza.

En 2020, decidín considerar un cambio de perspectiva na forma de mirar o mundo a través da miña cámara. Por iso, hoxe dedico o meu tempo á investigación e á facilitación a través das imaxes, o acompañamento visual e as posibilidades de reescribir a nosa historia a partir da experiencia fotográfica.

Recentemente licencieime en Pedagoxía Visual e Terapia da Imaxe pola Universidade de Barcelona (2022). Actualmente participo en proxectos relacionados coa fotografía terapéutica e participativa e tamén me formei en Arteterapia Gestalt.

A imaxe é unha poderosa ferramenta que xera espazos de encontro nos que podemos conectar, lembrar, proxectar, evocar… axúdanos a traballar a identidade, a visibilizar o invisible, a transformar a nosa mirada e a nosa forma de estar no mundo. Axúdanos a tomar decisións, transforma a realidade e axúdanos a comunicar o que non sempre podemos ou queremos dicir con palabras. Por iso a imaxe nos libera.

@veronica_vagabunda
https://www.veronicavagabunda.com/about

DESTINATARIAS

O obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas (adultas neste caso) que queiran experimentar coas imaxes, conectarse con eles mesmos e cos demais a través do xogo coas imaxes, expresarse sen palabras e poder utilizar as súas propias fotografías como ferramenta de transformación persoal e social.

MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO

Proxecto colectivo, fanzine

NECESIDADES

Móvil en modo avión, cámara, e na semana anterior enviaremos un mail con instruccións para traer (fotografías).

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: