LETTERING EXPERIMENTAL

  • Impartido por: Iván Caíña

  • Duración: 6h

  • Horario: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 120€

  • Data: sábado 4 de maio de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

A partir da cita de Picasso que dicía “Aprende as regras como un profesional, para poder rompelas como artista”, explorarás a expresividade das letras e aprenderás a romper todas as regras para desenvolver o teu estilo máis persoal e xestual.
Iván Caíña contarache todo sobre a súa metodoloxía de traballo e ensinarache a abordar técnica e artísticamente o desenvolvemento dunha obra dende cero para que a partir de agora poidas comezar a gañar a vida como artistas.

PROGRAMA

Faremos unha pequena introdución falando dos materiais que imos empregar no obradoiro.
Aprenderemos un alfabeto completo, que será a base de todo o que fagamos no resto do obradoiro.
Falaremos de lexibilidade, ritmo, expresividade, xestos, composición, equilibrio… todo o necesario a nivel técnico para poder resolver con soltura calquera tarefa futura.
Acabaremos aplicando todo o aprendido nun proxecto persoal en forma de traballo.

DOCENTE: Iván Caíña

Iván Caíña é un artesán das letras. A través da súa escrita, sempre manuscrita, a súa obra móvese entre a súa habilidade cos métodos máis tradicionais da caligrafía, combinándoos con universos da era dixital, afrontando calquera proxecto coa letra como protagonista. O seu traballo abrangue multitude de ámbitos, dende encargos de marcas internacionais, como Alhambra, Loewe, L’Oreal, Tombow... publicidade ou deseño de logotipos, ata eventos e murais. Sen parar de adestrar, sempre que pode e sempre aprendendo dos mellores, Iván traslada os seus coñecementos a un camiño experimental, que dá como resultado un estilo moi persoal e expresivo. Ademais de traballar no seu estudio de Madrid, viaxa por toda España impartindo obradoiros en colexios, universidades e festivais de deseño.
Publicou dous libros sobre o seu traballo, “A arte da caligrafía”, en 2019 e “40 receitas para a caligrafía e a letras” en 2022.

DESTINATARIAS

Está dirixido a calquera persoa interesada na Letra e a Caligrafía, non é necesario ter ningún tipo de experiencia previa pero se a tes sacarás moito máis proveito, polo que se deseñas, tatuas, pintas, ilustras ou es un persoa creativa, este obradoiro axudarache. encantarache

MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO

Apuntes
Rotuladores Tombow
Papeles

NECESIDADES

Lápiz e goma
Escuadra e Cartabón

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: