CULTIVAR COGOMELOS COMESTÍBEIS E MEDICINAIS NA CASA

  • Impartido por: Micocultores

     (será imaprtido en portugués)

  • Duración: 4,5h

  • Horario: de 10:00h a 14:30h

  • N.º de prazas: 12

  • Prezo: 100€

  • Data: sábado 11 de maio de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Neste curso, imos ensinarche a cultivar na casa diferentes tipos de cogomelos, que poderán ser usados na alimentación, medicina, reciclaxe etc.
Farémolo de xeito ecolóxico, buscando transformar residuos en alimento e beneficios para nós e para a nosa terra.
Consiste nun curso teórico-práctico de nivel de iniciación e, no final, levarás contigo:

·Un cultivo biolóxico de Pleurotus Ostreatus (cogomelo ostra);
·Material para cultivar tres dos seguintes cogomelos: Lentinula edodes (cogomelo shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelo melena de león) OU Pleurotus Djamor (cogomelo ostra rosa).

  • Cultura líquida inoculada de un dos cogomelos enumerados;
  • Gran de cereal inoculado de un dos cogomelos enumerados;
  • Substrato inoculado de un dos cogomelos enumerados.

PROGRAMA

1.    O mundo dos fungos

  1. Breve historia sobre o coñecemento dos fungos
  2. Bioloxía e clasificación dos fungos.
  3. As contribucións dos fungos para mellorar o noso benestar e o medio ambiente

2.   Cultivo caseiro de cogomelos

2.1.   Os cogomelos que poden ser cultivados e técnicas xerais de cultivo.

2.2.   Introdución ao cultivo de cogomelos: conceptos, etapas e materiais necesarios.

2.3.   Técnicas padrón utilizadas no cultivo de cogomelos:

  1. Técnicas de cultivo de cogomelos nun ambiente non esterilizado:
    Cultivo biolóxico de Pleurotus ostreatus (cogomelos ostra)
  2. Técnicas de cultivo de cogomelos nun ambiente esterilizado:
    Inoculación de gran de cereal e de substrato con Lentinula edodes (cogomelo shiitake) OU Hericium erinaceus (cogomelo melena de león) OU Pleurotus Djamor (cogomelo ostra rosa)

2.4.   Frutificación

2.5. Colleita dos cogomelos

3.   O que se pode facer cos diferentes cogomelos cultivados

DOCENTE: Ellis Burleigh

Apaixonado pola vida dos fungos, Ellis é un recolector e fungicultor, cofundador do proxecto MicoCultores. Co este proxecto pretende desenvolver o seu traballo en tres áreas:

  1. Sensibilización sobre a importancia dos fungos para os ecosistemas e os humanos;
  2. Formación sobre identificación, recolla, cultivo, preservación e preparación culinaria de fungos;
  3. Intervención no medio ambiente e comunitario, a través da creación dunha rede cooperativa de micocultores.

Se estás interesado(a) en coñecer o seu traballo ou en formar parte desta misión, podes seguilo nas redes sociais.

Instagram: https://www.instagram.com/micocultores/

Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=61555030066820

DESTINATARIAS

Calquera persoa interesada en saber máis sobre o mundo dos fungos e o cultivo doméstico de cogomelos. Non é necesario ter coñecementos previos.

MATERIAL INCLUIDO NO OBRADOIRO

Todos os materiais necesarios para o curso están incluídos.

NECESIDADES

Trae ganas para participar na revolución dos fungos!
Se tes frascos na casa dos que che queres desfacer, aceitamos doacións.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: