INICIACIÓN AO FLAMENCO

  • Impartido por: Ainhoa Linaza

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 3h

  • Horario:

    TURNO DE MAÑÁ: de 11:00h a 14:00h

     

  • N.º de prazas: 13

  • Prezo: 40€

  • Datas: sábado 1 de xuño de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Aprende a bailar flamenco ao teu ritmo, sexa cal sexa o teu nivel: harmoniza co teu corpo, elimina o estrés, osixena a alma, goza da túa liberdade e conecta coas túas raíces a través da danza educativa aplicada ao flamenco.
Bailar é reconectarse contigo mesmo, desenvolver o teu poder persoal e aumentar a túa autoestima para vivir mellor. Bailo porque a música me inspira, o instinto me guía e a arte transfórmame. Bailar non só nos fai libres. Ademais, fainos seres plenos e felices.

O que atoparás nas clases de flamenco:
Máis que os resultados —que tamén—, disfrutarás aprendendo. Bailar pode ser o que queiras, pero aquí non hai presión; hai esforzo, ganas e paixón. A misión é que sintas a música, vibres co cante e harmonices coa túa enerxía. Atoparás o ambiente ideal para liberarte do estrés, gozar do teu momento e ser ti mesmo a través do flamenco.

PROGRAMA

Obradoiro de iniciación ao flamenco por tangos.

Posicionamento do corpo, percepción do latexo, palmas, golpes elementais, movementos dos brazos, cadeiras, tronco, mans e cabeza. Coreografía: Tangos.

DOCENTE: Ainhoa Linaza

Bailaora profesional de Flamenco e Danza Española e pedagoga licenciada, especializada en Danza Educativa Social e para a Saúde con máis de 13 anos de experiencia. Dirixe desde o ano 2020 a súa propia escola de flamenco, que alternou en formato presencial en Madrid, e en liña e presencial en Galicia.
Traballou en compañías como Joaquín Cortés, Ballet Flamenco Español, Mucha Muchacha. En 2021 estrea a súa primeira peza curta, finalista en Ourense Fervescénica 2022.

Actualmente é profesora de danza na Universidade de Vigo, Ourense; A Morada Cooperativa, Vigo; Espacio Muma de Ourense, entre outros. Onde desenvolve proxectos que relacionan o flamenco co baile social e a enerxía feminina.

Ainhoa Linaza Bao
http://www.ainhoalinazaflamenco.com

DESTINATARIAS

Amantes da danza, do movemento, do ritmo e do flamenco. Non é necesario ningún coñecemento previo.

NECESIDADES

Trae roupa cómoda e, se é posible, unha saia acampanada e zapatos ben apoiados con un pouco de elevación do talón. E ganas! moitas ganas!

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: