
INICIACIÓN Á SERIGRAFÍA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Neste obradoiro aproximarémonos á serigrafía mediante a técnica de plantillas. Dende o deseño ata a impresión final en variedade de superficies (papeis, roupa, bolsas…)
PROGRAMA
Introducción á serigrafía artística:
- Que é?
- Para qué se emprega?
Presentación dos materiais básicos:
- Como empregalos
- Onde poder conseguilos
- Fabricación caseira dalgúns deles
- Mantemento no tempo
Explicación do funcionamento da plantilla para serigrafía e deseño:
- Pensar en espello, o deseño vai ó revés
- Bosquexos do deseño
- A paleta de cores: unha tinta dúas cores
- Pasar o deseño á plantilla
- Cortar a plantilla mediante cúter de precisión ou bisturí
Impresión:
- Pasar a plantilla á pantalla serigráfica
- Demostración: cómo cubrir a pantalla de tinta e cómo imprimir
- Marcas e guías para impresión
- Probas de impresión en papeis de recicle
- Impresión en papel para serigrafía
- Impresión en textil
Limpieza dos materiais
DOCENTE: Alba Santa
Alba Santa é unha ilustradora e artista gráfica residente en Pontevedra. No seu traballo mestura a figura da muller coa amizade, soidade e o sentimento de pertenza ó fogar.
Instagram:
https://www.instagram.com/albasantaaa/
DESTINATARIAS
Todas as persoas interesadas na arte e na gráfica. Persoas que queran coñecer novas disciplinas artísticas.
Non é necesario ter coñecementos de serigrafía, debuxo ou deseño.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todos os materiais están incluídos.
- Pantallas de serigrafía
- Racletas
- Tintas
- Stencil (plantilla)
- Bisturí e cúter de precisión
- Papeis de recicle
- Papeis para serigrafía. As participantes os levan para casa (impreso co seu deseño)
- Bolsa de tea (tote bag). As participantes a levan para casa (impresa co seu deseño)
- Lapis, gomas de borrar, bolis…
- Fanzine/libreto tipo guía para facer serigrafía con plantillas. As participantes o levan para casa.
NECESIDADES
- Roupa que poida mancharse (por se acaso).
- Roupa propia para imprimir no obradoiro (ten que ser de algodón 100% ou mestura cunha porcentaxe maioritariamente de algodón). Opcional.
- Moitas ganas e algo de paciencia!
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.



