LIGHTPAINTING

  • Impartido por: Yolanda Hermida

  • Nivel: Iniciación

  • Duración: 4h

  • Horario:

    TURNO DE TARDE: de 16:00h a 20:00h

     

  • N.º de prazas: 15

  • Prezo: 60€

  • Datas: sábado 1 de xuño de 2024

  • Inclúe auga, café, té, doces e froita durante todo o obradoiro.

  • Lugar: Unitaria

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:

DESCRICIÓN

Light Painting é a técnica de crear con luz nunha fotografía de longa exposición. Como se propón a técnica e polo tanto a actividade, créase directamente no momento de facer a fotografía, non hai ningún tipo de edición posterior.
Esta actividade realízase nun ambiente escuro, ben sexa unha estancia con pouca ou nula luz, ou no exterior, nun espazo afastado do medio urbano. Con esta escuridade, e grazas aos modos de longa exposición da cámara, temos un lenzo negro para crear con luz, ben iluminante, ben, creando rastros no aire.

Temos dúas opcións para levar a cabo a actividade:
1. Cada un dos asistentes leva a súa propia cámara, deste xeito pode aprender a tomar estas imaxes co seu propio equipo.
2. Proporcionarase unha cámara con trípode e disparador, que se separará en grupos de igual número e que poderá crear con este.
Posteriormente facilitaranse as imaxes para que todos teñan acceso a elas.

PROGRAMA

O programa deste obradoiro depende tanto dos coñecementos de fotografía do alumnado e da súa idade, como do tempo de realización do obradoiro.
Estará dividido en dúas partes importantes:

  • Teoría: Nesta parte explicarase a teoría da fotografía e a longa exposición, ademais de falar dalgunhas referencias importantes.
  • Práctica: Esta é sen dúbida a parte máis divertida, xa que farei unhas mostras para que me vexades traballar e a partir de aí todo o alumnado fará as prácticas.

DOCENTE: Yolanda Hermida

Chámome Yolanda Hermida Díaz, dende que rematei os estudos de fotografía no Mestre Mateo especializeime especialmente en Light Painting.
Dende entón sigo a día de hoxe, estudando, aprendendo, investigando e experimentando coa mesma paixón. E con ganas de abrir a porta á inmensidade da noite a tod*s aquel*s entusiastas novat*s

https://www.instagram.com/yhd_lightart/

https://yhdproductions.com/

DESTINATARIAS

O público obxectivo ao que vai dirixido o obradoiro dividiríase por idades:
-Adultos, de 16 en diante:

  • Estudantes de fotografía ou aqueles que remataron os seus estudos que queiran ampliar os seus coñecementos en fotografía de longa exposición ou lightpainting.
  • Apaixonado pola fotografía de adultos que queiran avanzar nos seus coñecementos.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO

  • Cámara profesional con disparador
  • Trípode
  • Ferramentas de LightPainting (lanternas e todas aquelas ferramentas utilizadas que poidan conducir a luz)

NECESIDADES

  • Se queres traer a túa propia cámara e lanternas ou obxetos que dean luz, e ganas, moitas ganas de pasalo ben! Anímate!

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN

A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.

INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar: