
FOTOGRAFÍA BORDADA
INSCRICIÓN: un mail cos teus datos (NOME COMPLETO, DNI e TELÉFONO) e obradoiro no que queres participar:
DESCRICIÓN
Nesta sesión de iniciación os participantes intervendrán unha fotografía con bordado dirixido. No é necesario ningún coñecemento de costura, partimos de cero. Todos os materias están incluídos e levarán o fotobordado para casa.
DOCENTE: Luz Álvarez
DESTINATARIAS
Persoas maiores de 18 anos
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
- Packaging presentación que inclúe:
- Fotografía impresa, papel vexetal, tixeiras, lápiz, agulla, fíos de bordado.
- Levarán a fotografía bordada para casa.
NECESIDADES
Non é necesaria experiencia previa, pero si traer moitas ganas de pasalo ben 🙂
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN
A anulación do curso debe ser realizada presencialmente pola persoa inscrita en Unitaria ou a través de queroaprender@escolaunitaria.com
As cancelacións de cursos poden facerse ata 15 días antes do seu inicio e devolverase o 50% do importe de inscrición.
O importe non se devolverá nos caso de se o alumno/a decide deixar de asistir ao curso/obradoiro/evento unha vez comezado, calquera que sexa a causa.
O tempo estimado para a devolución do importe dun curso abonado por Internet, xa sexa por vontade do usuario ou por unha cancelación (e conforme ás condicións descritas), será de 24 a 48 horas desde a notificación da operación por parte da Unitaria.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN
Unitaria resérvase o dereito de suspender o curso/obradoiro/evento ou modificar as datas e horarios indicados dependendo do número de alumnos matriculados, nese caso comunicarase a forma de devolución do importe abonado.



